Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín abre o prazo de inscrición do programa deportivo “Escola de Verán 2018”
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición do programa deportivo “Escola de Verán 2018” PDF Imprimir Correo-e
Venres, 08 Xuño 2018 12:02

Desde a concellería de Deportes de Verín infórmase que dende o 8 de xuño abre o prazo de inscrición do programa deportivo “Escola de Verán 2018”, unha iniciativa lúdico-deportiva, que se desenvolverá desde o luns 2 de xullo ata o xoves 31 de agosto, destinada a un máximo de 180 menores, nados dende o 2004 ata o 2014.

As actividades que conforman devandito programa, que terá lugar de 10:30 a 13:30 horas, distribuiranse en grupos homoxéneos de idades (de 4 a 5 anos, de 6 a 7 anos, de 8 a 10 anos e de 11 a 14 anos):

 

-  Grupo Xeral de 3 días/semana (luns – mércores - venres)

  • Idades: 4 a 14 anos.
  • Lugar: Pavillón Municipal de Deportes e piscinas de A Granxa.
  • Actividades: xogos predeportivos, rutas de sendeirismo, obradoiros, cine, actividades de ocio e tempo libre e actividades acuáticas.

 

-  Grupo de Fútbol e Fútbol-Sala de 3 días/semana (luns – mércores - venres)

  • Idades: 7 a 14 anos.
  • Lugar: Complexo Deportivo A Granxa e Piscinas de A Granxa.
  • Actividades: actividades deportivas de fútbol e fútbol-sala e acuáticas ao aire libre.

 

-  Grupo Xeral de 5 días/semana (luns a venres) *

  • Idades: 4 a 14 anos.
  • Lugar: Pavillón Municipal de Deportes e Piscinas de A Granxa.
  • Actividades: xogos predeportivos, rutas de sendeirismo, obradoiros, cine, actividades de ocio e tempo libre e actividades acuáticas

*Neste grupo existe a opción de acudir durante tres días ao grupo de fútbol e fútbol-sala e os dous restantes as actividades do grupo xeral de 5 días.

 

Ofértase a opción de elixir temporalidade (quincena, mes ou dous meses) e os prezos para participar nesta edición da Escola de Verán son os seguintes:


 


A inscrición realízase nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes (R/ Irmáns Moreno s/n.) En horario de 9:00 a 14:00.

Os requisitos para realizar a inscrición son: cubrir a solicitude de inscrición, fotocopia do DNI ou Libro de Familia (en caso de non ter), unha fotografía tamaño carné e presentar a Tarxeta do Eurocidadán para optar ao desconto fixado.


Descarga aquí os documentos de inscrición:

- Solicitude de Inscrición

- Autorización


 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac