Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A verinesa Sara Salgado gañadora do Campionato escolar internacional “superTmatik” de cálculo mental
A verinesa Sara Salgado gañadora do Campionato escolar internacional “superTmatik” de cálculo mental PDF Imprimir Correo-e
Martes, 12 Xuño 2018 13:35

Sara Salgado Rato (9 anos), alumna de Cuarto Curso de Educación Primaria do CEIP Amaro Refojo, alcanzou o primeiro posto, entre os 28.000 participantes na súa categoría, nos Campionatos escolares internacionais superTmatik de cálculo mental.

A posición de Sara, con máis de 1 segundo de diferenza co subcampión e máis de 10 co cuarto clasificado, encheron de orgullo aos seus familiares, compañeiros e profesores, en especial, ao seu titor e director do centro, Ricardo Rodríguez, que manifestou o seu orgullo polos resultados obtidos pola nena.

A menor, xunto co director do seu centro, foi recibida hoxe no Concello de Verín por Emilia Somoza, concelleira de Educación e Diego Lourezo, concelleiro de Mocidade, quen quixo destacar “o gran orgullo que para os nosos cidadáns supón contar cunha  verinesa entre os mellores do mundo en calculo mental, sobre todo tendo en conta  que tivo que medir as súas destrezas ante nenos e nenas de 46 nacionalidades diferentes.”

 

Campionatos escolares SuperTmatik de cálculo mental.

Destinadas a alumnos/as do ensino básico de escolas públicas e privadas, as competicións SuperTmatik alían as compoñentes didáctica e lúdica, nunha fórmula xeradora de motivación extra para as aprendizaxes.

 Trátase  dun campionato que se celebra a nivel mundial vía internet , no que participaron 435.275 alumnos e alumnas de 46 nacionalidades diferentes divididos en 9 categorías.  Está destinado a alumnos do ensino básico de escolas públicas e privadas buscando alinear as compoñentes didáctica e lúdica, nunha fórmula xeradora de motivación extra para as aprendizaxes.

 A clasificación realízase co tempo mellor tempo conseguido polos participantes nos tres intentos cos que contan para resolver as 15 probas con operación combinadas ás que se enfrontan.

 

Resultados Cálculo Mental I Mental Math (Categoría/Category 4)

  • 1 Sara Salgado do CEIP Amaro Refojo de Verín (España). 00:00:39:11
  • 2 Matías Duarte (Portugal) 00:00:40:28
  • 3 BernardoGil, (Portugal)  00:00:47:52
  • 4 Juan Alberto Gómez do Colegio Salliver (España) 00:00:50:02
  • 5 Natalia Lomnasan do CEIP Beatriz Galindo (España) 00:00:50:19
  • 6 Sreyas Mundra (India) 00:00:50:32
  • 7 Alessandro Debono (Malta) 00:00::52:02
  • 8 José Novo do ES Vila Nova de Anha (Portugal) 00:00:54:45
  • 9 Afonso Costa da Escola EB1 do Avenida (Portugal) 00:00:53:45
  • 10 Seojun You (Corea del Sur) 00:00:55:00
 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac