Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Un total de 68 usuarios participaron nos Obradoiros de Estimulaicón Cognitiva organizados polo Concello de Verín
Un total de 68 usuarios participaron nos Obradoiros de Estimulaicón Cognitiva organizados polo Concello de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 13 Xuño 2018 10:25

O pasado 11 de xuño deuse por finalizado o último dos Obradoiros de Estimulación Cognitiva que organizou o Concello de Verín neste último mes, no cal participaron un total de 68 usuarios. A actividade terá continuidade a partir do mes de setembro.


A estes Obradoiros de Estimulación Cognitiva, popularmente coñecidos como “Talleres de Memoria”, acudiron usuarios das localidades de Queizás, Feces da Cima, Tamaguelos, Caldeliñas e A Rasela. Cunha actitude moi activa e entusiasta, os participantes traballaron a atención, a concentración e a memoria, introducindo o xogo como parte fundamental dos obradoiros.

Estes talleres foron impartidos por un profesional dos Servizos Socias do Concello de Verín, que se desprazou aos municipios que así o solicitaron previamente.

O paso dos anos adoita ir asociado á aparición de pequenas alteracións no funcionamento da memoria, un proceso de carácter benigno que pode corrixirse mediante un adecuado exercicio intelectual. Por esta razón, o Concello de Verín cree necesario apostar por estes “Obradoiros de Estimulación Cognitiva” co fin de estimular e manter as capacidades cognitivas das persoas maiores, enlentecendo a posible progresión dunha deterioración, así como de mellorar o rendemento funcional incrementando a autonomía persoal nas actividades da vida diaria.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac