Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín personarase como acusación particular no caso “Enredadera”
O Concello de Verín personarase como acusación particular no caso “Enredadera” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 04 Xullo 2018 12:10

O goberno municipal do Concello de Verín anunciou que se personará como acusación particular “en defensa dos intereses dos veciños de Verín”, dado que a empresa reclama o consistorio más de 1,4 millóns de euros por terlle paralizado a súa actividade nesta vila.  Asimesmo anunciou hoxe que pon a disposición da Fiscalía toda a documentación relativa ó contrato adxudicado por este concello á empresa Bilbomática para a colocación de radares no termo municipal, investigada a nivel nacional na chamada “Operación Enredadera”. 

A colocación de “elementos de seguridade” como radares e a xestión das importantes cantidades derivadas das correspodentes sancións foille adxudicada á UTE Bilbomática/Veicar Verín o 12 de novembro de 2014. Dende a súa chegada ó Concello, o novo goberno municipal fixo todo o posible por non aplicar este contrato, ó non crer na procedencia dunha política recaudatoria para a mellora do tráfico en Verín -senón noutras medidas, como a racionalización dos aparcamentos- e chegando a preguntar ó Consello Consultivo de Galicia como anular dito contrato.


De resultas da paralización do contrato, a UTE presentou en 2017 unha demanda de resolución de contrato contra o Concello de Verín, reclamándolle, por unha banda 225.319,69 euros polos custes xa asumidos polas empresas investigadas, máis 631.384,41 en concepto de beneficio deixado de obter, ademais de subsidiariamente outros 225.319,69 euros pola inversión feita e 378.830,65 euros por lucro cesante, ambas cantidade estas últimas por incumprimento de contrato.

Responsabilidade de cara ós veciños

A decisión de poñer a disposición a documentación relativa á contratación no 2014 deste servizo foi tomada polo goberno “para salvagardar o  interese xeral de todos os verineses”, tendo en contra a elevada cantidade demandada polas empresas investigadas ó Concello, e a posibilidade de que aquela adxudicación fora nula ó encontrarse incursa nalgunha das causas que baralla a UDEF.

Asimesmo, o concello persoarase na causa para poder defender o mellor posible os intereses do consistorio e, polo tanto, dos seus veciños


 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac