Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Xuntanza de Conductores na honra a San Cristovo en Verín.
Xuntanza de Conductores na honra a San Cristovo en Verín. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 05 Xullo 2018 09:20

O vindeiro 7 de xullo Verín celebra a Xuntanza de Conductores na honra de San Cristovo. O evento terá lugar na zona do recinto da Lonxa Agropecuaria e nos arredores do Barrio de San Antón.

A festa comezará as 10 da mañá cunha exposición de stands na zona do recinto da Lonxa Agropecuaria na que se exporán varias marcas coas súas ultimas novidades no sector. A charanga Fuego será a encargada de amenizar aos asistentes que ademais contarán con servizo de bar e pulpeira.

Ás 16.30 dará comezo o tradicional desfile de Camións Engalanados polas rúas de Verín que rematará ás 18.00 horas cunha misa e procesión na honra do patrón San Cristovo e daqueles compañeiros que xa non se encontran entre nós.

Ás 19 horas a charanga Fuego volverá coa súa música e comezarán os sorteos de regalos e a entrega de premios aos participantes. Haberá tamén colchonetas e actividades para os máis cativos.

Ás 20.30 horas a charanga deixará paso a discomóbil A Gramola  que actuará ata a hora da cea, ás 21.30 horas, cando os conductores que fixeran reserva anticipada se xuntarán para gozar do seu día.

Ás 00.30 como broche final, A Gramola e un grupo de música dos 90 volverán coas súas actuacións.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac