Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Malo Será! No Auditorio Municipal de Verín.
Malo Será! No Auditorio Municipal de Verín. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 05 Xullo 2018 10:05

O vindeiro xoves 12 de xullo, ás 21.00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a representación “Malo Será!”. Unha actuación que xunta sobre un mesmo escenario a diversas personalidades destacadas da nosa televisión. As entradas estarán disponibles ao prezo de 8 euros en ataquilla https://bit.ly/2ziXyzo.

Da pantalla da Televisión de Galicia ás táboas do teatro. É una salto arriscado, pero… Malo Será! Oito actrices e actores da TVG, acompañados de invitados e sorpresas, saen de xira polos teatros de Galicia para facer un espectáculo de sketches cómicos que será grabado e emitido pola Televisión de Galicia ao longo do verán. Con Lucía Regueiro, Isabel Blanco, Federico Pérez, Marcos Pereiro, Sabela Hermida, Oswaldo Dijon, Lucía Veiga e a participación estelar de Touriñán, Manuel Manquiña, Eva Iglesias, Víctor Fábregas... e moitos máis.


 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac