Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín fai realidade o novo parque de A Preguiza
O Concello de Verín fai realidade o novo parque de A Preguiza PDF Imprimir Correo-e
Venres, 06 Xullo 2018 14:51

Tras dous anos de tramitación, o Concello de Verín completa o expediente de expropiación dos terreos e fai realidade o futuro parque de A Preguiza. Cun investimento inicial de 97.507,66 euros, este novo pulmón verde terá unha superficie total de 25.452,18 m²,  converténdose así na primeira das grandes áreas de lecer das que dispoñerá a vila nos próximos anos, xunto co futuro parque de Fontenova.


O alcalde de Verín, Gerardo Seoane quixo destacar que “excluíndo as parcelas de expropiación forzosa, durante todo o proceso non houbo ningún tipo de reclamación por parte dos propietario dos terreos. Nestes momentos a maior parte dos propietarios xa asinaron o acta de ocupación e os restantes atópanse preparando a súa documentación para asinala nun breve período de tempo”.

Este novo parque forma parte dun novo plan especial que dotará á vila de Verín dunha nova zona verde, situada a ambasas marxes do río Támega, que ocupará  unha extensión total de 12  hectáreas.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac