Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Segunda semana da Ludoteca e do Campamento Urbano “Támega”– 2018 do Concello de Verín.
Segunda semana da Ludoteca e do Campamento Urbano “Támega”– 2018 do Concello de Verín. PDF Imprimir Correo-e
Martes, 10 Xullo 2018 12:25

A segunda semana da Ludoteca e do Campamento Urbano “Támega” – 2018 do Concello de Verín estivo moi entretida: contacontos, xogos, natación na piscina, excursión a Pazos, gymkhana pirata polas rúas da vila...  Os máis de 200 cativos que participan nestos proxectos non tiveron tempo de aburrirse porque, ademais, houbo actividades moi especiais nestes días.

O luns comezaron cun Taller de Reciclaxe no que os nenos elaboraron caixas para separar o lixo que serán usadas durante todo o verán para a reciclaxe de plástico, papel, cartón e residuos orgánicos. 

O xoves os rapaces do Campamento Urbano tiveron unha Misión Imposible!! Un xogo baseado en probas realmente complicadas. Dende sacarse fotos con animais, encontrar una piña no pobo, contar os pasos dende o Concello ata a Praza, atopar un cortaúnllas, crear unha momia con roupa dos compañeiros,responder preguntas históricas sobre a comarca… pero sen dúbida, a máis complicada foi ter que manter unha conversa en inglés co alcalde de Verín, Gerardo Seoane.

Pero a actividade estrela para os máis cativos  foi a celebración do San Fermín. O venres os nenos e nenas da Ludoteca tiveron unha clase maxistral sobre esta festa e viviron un pregón que acabou con todos cantando “1 de enero, 2 de febrero…”. Foi o chupinazo para os xogos que virían despois: facer caretas de touro, dicir Pamplona coa boca chea de Cola Cao ou correr diante do touro foron algunhas das difíciles e divertidas probas ás que se enfrontaron.

Como cada ano, esta iniciativa busca cubrir o tempo de vacacións dos/as menores para que gocen de diversas actividades culturais e deportivas entre xogos e amigos. Tanto a Ludoteca como o Campamento, que se distribúen por idades, estarán abertos ata o 7 de setembro.

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac