Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín celebra o “Día do avó e da avoa” cunha xornada de xogos tradicionais para unir a nenos e maiores.
Verín celebra o “Día do avó e da avoa” cunha xornada de xogos tradicionais para unir a nenos e maiores. PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 11 Xullo 2018 10:09

O vindeiro 26 de xullo, entre as 11.00 e as 13.00 horas, Verín celebrará o Día do Avó e da Avoa cunha actividade interxeracional na Praia Fluvial da vila. Desde o Departamento de Servizos Sociais (Área de Maiores) quérese potenciar os espazos de encontro entre nenos e persoas maiores dentro dunha faceta lúdica na que esperamos que todos disfruten xogando entre eles.


Contarase coa presenza dun educador social do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación Provincial de Ourense que guiará unha mañá na que os protagonistas serán os  xogos tradicionais populares como  a rá, o lanzamento de aros, a billarda ou os peóns.

O Concello de Verín aposta pola preservación das tradicións e os xogos que marcaron a infancia de tantas e tantas xeracións. Por esta razón, anima a todos os cativos e anciáns a participar nesta xornada na que os máis maiores poderán demostrar como se divertían antes da aparición dos videoxogos. Será una actividade aberta para todo o que queira ir xogar e na que se espera que os cativos descubran unha “nova” forma de diversión xunto aos seus avós.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac