Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Batucada de Verín contará cun Tobogán Acuático Xigante de 60 metros.
A Batucada de Verín contará cun Tobogán Acuático Xigante de 60 metros. PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 11 Xullo 2018 13:15

O 27 e 28 de xullo celebrarase a Batucada de Verín 2018. Serán dúas xornadas cheas de música, auga e festa para todas as idades. Así o confirmou esta mañá Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos.


A festa comezará o venres ás 11:00 horas co “Desfile da Ludoteca Especial Batucada”. a temática elixida este ano son as profesións. “desde o grupo de goberno quixemos aproveitar a diversión de disfrazarse para educar aos cativos en igualdade de oportunidades e dereitos, seguindo así coa liña de mensaxes que ven emitindo o Concello de Verín neste tema”, explicou Somoza. O percorrido comezará  no CEIP Amaro Refojo e irá por Laureano Peláez, Praza do Concello, Praza da Mercé, Rúa dá Cruz e Praza  García Barbón, para terminar coa tradicional “Festa Infantil da Ludoteca”, ás 12:00 horas, no CEIP Amaro Refojo.

Pola tarde, de 16:30 a 20:30 horas, é o turno da “Festa Acuática na Praia fluvial” para que os cativos, e os que non o son tanto disfruten xogando coa auga. Nesta ocasión contaremos con animación musical, inchables de terra e, como novidade, un Tobogán Acuático Xigante de 60 metros “que sen dubida será a actividade estrela de esta edición da Batucada”. Devandita atracción está enfocada a un público tanto infantil como adulto e o prezo da entrada será de 5 euros por xornada completa (Co pago da entrada, entregarase unha pulseira de control de acceso que permitirá o usuario/a acceder o tobogán durante toda a xornada)..

Para intentar que a Batucada sexa tamén un escenario de difusión para a cultura local, o Concello de Verín organizou para esta edición unha “ Batucada Alternativa” na que se poderán escoitar grupos de diferentes estilos. A Praza García Barbón acollerá o escenario no que, de 20.30 a 3.00 horas, actuarán: o músico Brais Calles (Hang Drum e Didjeridoo) e os grupos locais Dous de Picas (Folk), Boston George (Rock), Mike Wass & Mind Archives (Electrónica). “Ao igual que anos anteriores dende o Concello seguimos apostando por ofrecer nesta festa, que reúne a tanta variedade de xente, unha xornada cunha programación musical alternativa” explicou Emilia Somoza, quen engadiu que “dende o grupo de goberno sentimos tamén a responsabilidade de potenciar a  grupos locais coma estes, recoñecerlles así a súa labor e conseguir que cheguen ao maior número posible de persoas.”

Pero como non podería ser doutra maneira, a auga e a espuma serán os principais protagonistas da batucada. O sábado 28, ás 16:30 horas , celebrarase na Praza García Barbón, coa animación a cargo de Discomóbil A Gramola, a gran “Festa da escuma e da auga”. Ás 19:00 horas, comezará o “Desfile Pasa-Rúas da Batucada” que sairá da Praza Maior e continuará pola Praza da Mercé, Laureano Peláez, Irmáns Moreno rematando no Pavillón dos Deportes de Verín. Este ano, o desfile contará coa presenza das batucadas Kilomberos de Monte Alto (A Coruña), Xituma Batuke (Xinzo de Limia) e Trópico de Grelos (Santiago de Compostela).  Ao remate do desfile, ás 20.30 horas, na Rúa Irmáns Moreno, Enjoy Disco Móvil Jorge será a encargada da animación musical.

Como fin de festa, o Grupo Gin Toni´s cerrará esta edición da Batucada cunha actuación na Praza García Barbón más 00.00 horas.

Doutra banda, Somoza explicou que, coma o ano pasado, manterase o  acordo cos hostaleiros para evitar o conflitivo uso de vasos de cristal na Batucada e evitar altercados. “ofrecemos aos establecementos a oportunidade de instalar barras na rúa para que poidan servir bebidas en vasos de plástico”.

 

MERCHANDISING BATUCADA 2018

Emilia Somoza confirmou tamén que, a partir da próxima semana, estarán á venda na tenda oficial da Batucada (Praza García Barbón) as camisetas e fundas impermeables oficiais da batucada 2018 – en horarios de 18:00 a 21:00 horas -cos seguintes prezos:

• Camisetas: 10 euros

• Fundas impermeables: 3 euros

• Mochilas: 3 euros

 


PROGRAMACIÓN:

VENRES 27 DE XULLO

  • 11.00h _ Desfile da Ludoteca Especial Batucada (saída do CEIP Amaro Refojo)
  • 12.00 h _ Festa Infantil da Lucoteca Municipal (CEIP Amaro Refojo)
  • 16.30h – 20.30h _ Festa Acuática na Praia Fluvial. Con inchables de terra e tobogán Acuático Xigante e discomóbil.

 

Praza García Barbón – Batucada Alternativa

  • 20.30 horas – 22.00 horas.

Mike Wass & Mind Archives (Electrónica)

  • 23.00 horas – 3.00 horas

Brais Calles (Hang Drum e Didjeridoo)

Dous de Picas (Folk)

Boston George (Rock)

Mike Wass & Mind Archives (Electrónica)

 

 

SÁBADO 28 DE XULLO

  • 16.30h – 20.30h _ Festa Acuática na Praia Fluvial. Con inchables de terra, Tobogán Acuático Xigante e Discomóbil.
  • 17.00 h – 18.30h _ Festa da escuma e Festa da auga na praza García Barbón. Animación Musical a cargo de “A GRAMOLA”.
  • 19.00h_ Desfille Pasa-rúas da Batucada (saída Praza García Barbón)

Batucada “Xituma Batuke” (Xinzo de Limia)

Batucada “Kilomberos de Montealto” (A Coruña)

Batucada "Trópico de Grelos (Santiago de Compostela)

  • 20.30h_Animación Musical a cargo de “Enjoy Disco Móbil Jorge” Rúa Irmáns Moreno.
  • 00.00h Concerto do grupo “Gin Tonis” Praza García Barbón.

 





 

 

 

 


 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac