Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín celebra esta fin de semana a Batucada 2018.
Verín celebra esta fin de semana a Batucada 2018. PDF Imprimir Correo-e
Luns, 23 Xullo 2018 11:23

Cartel A festa comezará o próximo venres, ás 11:00 horas, co “Desfile da Ludoteca Especial Batucada” no que os cativos e as cativas lucirán os seus traxes polas rúas de Verín. O percorrido comezará  no CEIP Amaro Refojo e irá por Laureano Peláez, Praza do Concello, Praza da Merced, Rúa da Cruz ata a Praza  García Barbón. A mañá terminará coa tradicional “Festa Infantil da Ludoteca”, ás 12:00 horas, no CEIP Amaro Refojo.


Pola tarde, de 16:30 a 20:30 horas, celebrarase a “Festa Acuática na Praia Fluvial” para que os cativos, e os que non o son tanto, disfruten xogando coa auga. Nesta ocasión contaremos con animación musical, inchables de terra e, como novidade, un Tobogán Acuático Xigante de 60 metros. Devandita atracción está enfocada a un público tanto infantil como adulto e o prezo da entrada será de 5 euros por xornada completa (Co pago da entrada, entregarase unha pulseira de control de acceso que permitirá ao usuario/a acceder ao tobogán durante toda a xornada). Poderase mercar a pulseira na tenda oficial de Batucada situada na Praza García Barbón.

Á noite é o turno da “Batucada Alternativa”. A Praza García Barbón acollerá o escenario no que de 20.30 a 3.00 horas actuarán grupos de diferentes estilos: o músico Brais Calles (Hang Drum e Didjeridoo) e os grupos locais  Dous de Picas (Folk) e Mike Wass & Mind Archives (Electrónica). Finalmente  Boston George  non poderá asistir e no seu lugar actuará o grupo Última Hora  formado por Vicky, Toné e Fran,  tamén de Verín.

O sábado 28, ás 16:30 horas, celebrarase na Praza García Barbón, a gran "Festa da Escuma e da Auga" coa animación a cargo de Discomóbil A Gramola. Ás 19:00 horas comezará o “Desfile Pasa-Rúas da Batucada” que sairá  da Praza García Barbón e continuará pola Rúa Cruz, a Praza da Merced, a rúa Laureano Pelaez e a rúa Irmáns Moreno ata chegar ao Pavillón de Deportes. Este ano, o desfile contará coa presenza das batucadas Kilomberos de Monte Alto (A Coruña), Xituma Batuke (Xinzo de Limia) e Trópico de Grelos (Santiago de Compostela). Ao remate do desfile, ás 20.30 horas, na Rúa Irmáns Moreno, Enjoy Disco Móvil Jorge será a encargada da animación musical.

Como fin de festa, o Grupo Gin Toni´s cerrará esta edición da Batucada cunha actuación na Praza García Barbón ás 00.00 horas.

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac