Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín celebra o “Día do avó e da avoa” cunha xornada de xogos tradicionais para unir a nenos e maiores.
Verín celebra o “Día do avó e da avoa” cunha xornada de xogos tradicionais para unir a nenos e maiores. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 26 Xullo 2018 13:22

Hoxe, 26 de xullo, entre as 11.00 e as 13.00 horas, Verín celebrou o Día do Avó e da Avoa cunha actividade interxeracional na Praia Fluvial da vila. Desde o Departamento de Servizos Sociais (Área de Maiores) quíxose potenciar con esta actividade un espazo de encontro entre nenos e persoas maiores.


Contouse coa presenza dun educador do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación Provincial de Ourense que guiou unha mañá na que os protagonistas foron os  xogos tradicionais populares como  a rá, o lanzamento de aros, a billarda ou os peóns.

Durante a actividade, os cativos tiveron a oportunidade de xogar cos seus avós,  aprender como pasaban o tempos antes dos videoxogos e descubrir unha “nova” forma de diversión.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac