Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Batucada 2018 de Verín comeza este venres.
A Batucada 2018 de Verín comeza este venres. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 26 Xullo 2018 15:19

A Batucada 2018 comeza o próximo venres, ás 11:00 horas, co “Desfile da Ludoteca Especial Batucada” no que os cativos e as cativas lucirán os seus traxes polas rúas de Verín. Nesta ocasión optouse pola temática das profesións buscando traballar pola igualdade entre homes e mulleres á hora de elexir a súa actividade laboral. Deste xeito, os cativos disfrazaránse de pintores/as, médicos/as, pilotos/as, gondoleros/as e bombeiros/as.  O percorrido comezará  no CEIP Amaro Refojo e irá por Laureano Peláez, Praza do Concello, Praza da Merced, Rúa da Cruz ata a Praza  García Barbón. A mañá terminará coa tradicional “Festa Infantil da Ludoteca”, ás 12:00 horas, no CEIP Amaro Refojo.

Pola tarde, de 16:30 a 20:30 horas, celebrarase a “Festa Acuática na Praia Fluvial” para que os cativos, e os que non o son tanto, disfruten xogando coa auga. Nesta ocasión contaremos con animación musical, inchables de terra e, como novidade, un Tobogán Acuático Xigante de 60 metros. Devandita atracción está enfocada a un público tanto infantil como adulto e o prezo da entrada será de 5 euros por xornada completa (Co pago da entrada, entregarase unha pulseira de control de acceso de cor rosa que permitirá ao usuario/a acceder ao tobogán durante toda a xornada). Poderase mercar a pulseira na tenda oficial de Batucada situada na Praza García Barbón.

 

Batucada Alternativa.

Á noite é o turno da “Batucada Alternativa”. A Praza García Barbón acollerá o escenario no que de 20.30 a 3.00 horas actuarán grupos de diferentes estilos: o músico Brais Calles (Hang Drum e Didjeridoo) e os grupos locais  Dous de Picas (Folk) , Última Hora (covers) e Mike Wass & Mind Archives (Electrónica).

O encargado de abrir os concertos da noite será Brais Calles. Este artista natural de Vigo visitanos cun estilo musical que sorprenderá ao público tocando dous instrumentos moi peculiares: o Hang Drum (percusión) e o Didgeridoo (vento).

Dous de Picas é un grupo de música Folk formado por dous grandes gaiteiros, Álvaro Rúa e Daniel García. Ofrecen un espectáculo no que o son da gaita en directo se mistura cunha base instrumental grabada por eles mesmos xunto a outros artistas. O seu repertorio  supón unha reconstrucción moi persoal de ritmos tradicionais e composicións propias que sorprende concerto tras concerto.

Última Hora está formado por Victoria Pérez, Luis Antonio Lorenzo e Francisco Rojas tres verinenses que se uniron para versionar cancións de diferentes estilos. A voz de Victoria acompañada de guitarra e percusión ofrece un espectáculo que embaucará ao público e que non deixará indiferente a ninguén.

Mind Archives e Mike Wass serán os encargados de por a banda sonora electrónica a esta Batucada Alternativa con ritmos Disco, Funky e House. Mind Archives (Diego García), é o actual Dj residente e fundador do club ÄREA de Verín.  Actuou en clubs tan emblemáticos como Gare en Oporto e ademais é fundador de varios selos musicais como Anagrama Music. Pola súa banda, Mike Wass leva máis de 20 anos no mundo da electrónica actuando por diversos escenarios e clubs de España e do estranxerio.

O horario aproximado dos concertos será o seguinte:

  • 20:30 - 22:00 - Mike Wass & Mind Archives
  • 22:00 - 23:00 - DESCANSO
  • 23:00 - 00:00 - Brais Calles
  • 00:00 - 01:00 - Dous de Picas
  • 01:00 - 02:00 - Vicky, Toné e Fran
  • 02:00 - 03:30 - Mike Wass & Mind Archives

 

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac