Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello implementa un novo punto específico de captación de auga para emerxencias.
O Concello implementa un novo punto específico de captación de auga para emerxencias. PDF Imprimir Correo-e
Venres, 03 Agosto 2018 12:59

O Concello de Verín acaba de inaugurar un novo punto específico de captación de auga para emerxencias no  polígono de Pazos. Con este novo  hidrante, o ente municipal diminuirá os tempos de carga dos vehículos de emerxencias e evitará, en gran medida, o uso de auga potable na loita contra os incendios forestais e outro tipo de emerxencias.


Cunha capacidade aproximada de 90.000 litros,  este novo hidrante pasa a ser o primeiro punto de carga a nivel comarcal que non utiliza auga potable para a carga de camións cisterna de gran capacidade, como son os  vehículos nodriza da AxegaUME e Bombeiros.

“Coas cada vez máis habituais secas e vagas de incendios que estamos a experimentar, cremos que era de vital importancia implementar un punto específico de captación de auga para emerxencias que non utilice auga potable e que, ao mesmo tempo, permita a carga de vehículos de grandes dimensións de forma rápida e eficaz”, explicou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane.

Despois de moitos anos con esta instalación pechada e sen uso, o  Concello de Verín -en colaboración co servizo municipal de augas e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín- habilitou este novo servizo que ten a capacidade de abastecer a dous grandes camións nodriza de ata 25.000 litros, simultaneamente.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac