O Concello e a Fundación Vázquez-Gulías divulgarán e investigarán a obra do arquitecto en Verín.

Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello e a Fundación Vázquez-Gulías divulgarán e investigarán a obra do arquitecto en Verín.
O Concello e a Fundación Vázquez-Gulías divulgarán e investigarán a obra do arquitecto en Verín. PDF Imprimir Correo-e
Venres, 03 Agosto 2018 13:34

O Concello de Verín e a Fundación Váquez-Gulías, que recolle e analiza o legado do arquitecto ourensán, colaborarán na difusión e análise da obra deste xenial creador na vila do Támega, que aparece moito máis prolífica do que se pensaba nun principio. Alomenos sete edificios e obra funeraria foron obra de Gulías na capital de Monterrei, fronte ós tres que se recoñecían tradicionalmente.


Charlas divulgativas nos inmobles e a inclusión da vila nun documental que a Fundación prepara sobre a vida de Gulías serán os eixos  desta colaboración que hoxe deu comezo coa instalación dun mural na praza Maior de Verín e que recolle os sete inmobles de Gulías atopados ata o momento, algún deles na propia praza.

“Gulías mantiña unha relación especial con Verín”, sinalou o alcalde e tamén arquitecto, Gerardo Seoane, “dada a súa amizade personal con García Barbón e cos Peláez”. É por iso, explicou, que abonda a súa obra na vila, como acontece coa obra funeraria, coma o propio panteón que plantexou para Barbón, pero que ó final quedou para a familia Peláez.

“É polo tanto normal que realizara en Verín unha gran cantidade de obra, só superada pola capital da provincia, onde edificou case todo na rúa do Paseo, Alameda, e outras zonas coma Progreso”.

 

Charlas e documental.

As actividades da Fundación Vázquez-Gulías agora en Verín pasarán pola programación de visitas guiadas as principais obras na Vila, centradas na divulgación da obra, así como á investigación de outras posibles colaboracións do autor en importantes edificios. “Sospeitamos a intervención de Gulías”, sinalan dende a Fundación, en outros edificios importantes ademáis dos consabidos como o Balneario de Cabreiroá, pero aínda os estamos investigando”.

As obras xa identificadas pola fundación  na vila son, segundo aparece no mural instalado onte, o balneario de Cabreiroá, a casa dos pináculos na praza, a casa Peláez, o antigo cine Oterino, o edificio do Recaredo Romero e  dous panteóns no cemiterio municipal.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac