O Museo Claustro Mercedario acolle unha nova instalación sobre a vertebración territorial de Ourense e a orixe da verba “Támega”.

Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Museo Claustro Mercedario acolle unha nova instalación sobre a vertebración territorial de Ourense e a orixe da verba “Támega”.
O Museo Claustro Mercedario acolle unha nova instalación sobre a vertebración territorial de Ourense e a orixe da verba “Támega”. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Agosto 2018 13:04

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e o profesor e arqueólogo Antonio Rodríguez Colmenero, inauguraron hoxe unha nova peza do Museo Claustro Mercedario, adicada á explicación da verba “Támega”, da súa orixe e do nacemento da actual comarca. Ante os alumnos da Ludoteca de Verín, Colmenero departiu unha pequena “clase maxistral” sobre o intenso proceso urbanístico desenvolto, no século I da nosa era no interior da actual provincia de Ourense.

A peza interpretativa do Padrón dos Pobos está aloxada e aberta ó público dende hoxe na sala de entrada do Museo Claustro Mercedario, recibindo alí ós visitantes. Durante a súa inauguración, o alcalde destacou a importancia da palabra “Támega” e “tamagani” para a identidade da nosa comarca, e como o Padrón dos Pobos era o “documento administrativo” que a inclúe por primeira vez.

A instalación, que foi explicada polo profesor Colmenero, inclúe a réplica do Padrón dos Pobos -cuyo orixinal custodia o Museo Arqueolóxico de Chaves- e se centra en divulgar o papel que a Lexión VII de Roma tivo no proceso urbanizador que impulsou Vespasiano no século I da nosa era, e de resultas do cal os lexionarios romanos construiron as vías ó pe das que naceron as vilas da provincia, coma Verín, Xinzo de Limia e mesmo Ourense.

 

Muro de Adriano

O papel da Lexión VII foi tan crucial no desenvolvemento económico da futura comarca de Monterrei, que os propios tamaganos do cambio de era lle adicaron o seu recoñecemento no Padrón do Pobos, xunto cos outros nove espazos comarcais da provincia da Gallaecia bracarense. Posteriormente, a Lexio VII foi destinada a Britania, para constuir o muro de Adriano.

Asimesmo, a instalación divulgativa inaugurada onte contén a explicación do misterio que envolve ó Padrón dos Pobos, xa que existen varias versións  -como descubriu un estudio do propio Colmenero- e non se sabe a ciencia certa cal puido ser o primeiro. Todo apunta a que o orixinal se trata do instalado no ano 79 d.C. -o ano da erupción do Vesubio- nas proximidades da vía do Támega, en Chaves, que enlazaría esta zona comercial con Verín, ata Ourense e Lugo, vertebrando todo o futuro territorio ourensán.  Este foi atopado no leito do río no ano 1980.


 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac