Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín celebra as II Xornadas Culturais Nova Era.
Verín celebra as II Xornadas Culturais Nova Era. PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Agosto 2018 10:33


Os vindeiros días 17 e 18 de agosto a Asociación Cultural de Música Tradicional de Monterrei, en colaboración co Concello de Verín, organizan as II Xornadas Culturais Nova Era.

Tras o éxito da súa primeira edición retomase esta iniciativa que pretende achegar a música tradicional galega a todos os públicos e dinamizar a vida social da vila durante o verán.
O venres, 17 de agosto, están programadas unha serie de actividades destinadas tanto aos máis pequenos como aos máis maiores. 

Pola mañá, a partir das 11.00 horas, no CEIP Amaro Refojo, os integrantes da Banda de Gaitas Nova Era organizarán o evento “Xogando coa Música”, un conxunto de actividades infantís para as nenas e os nenos da Ludoteca do Concello. 

Pola tarde, a Banda de Gaitas Nova Era ofrecerá dous concertos para os máis maiores. O primeiro terá lugar na Residencia da Terceira Idade Santa María, ás 17.00 horas. A continuación, ás 19.00 horas, ofrecerán outro concerto no Centro Sociocomunitario de Verín.

II CANTOS DE TABERNA NOVA ERA.

O prato forte destas xornadas será o sábado 18 de agosto coa celebración dos “II Cantos de Taberna Nova Era”. A festa comezará a partir das 20.00 na Praza García Barbón e arredores onde diversos grupos de música tradicional galega irán rotando coas súas actuacións polos locais colaboradores. 

Os grupos participantes nesta ocasión son a Agrupación Candaira, Brixel, Macizas Centrais e a Banda de Gaitas Nova Era. Estos grupos recorrerán cos súa música os seguintes locais: A Brasa, Ágora, A Merced, A Palleira, Bar Liló, Bar Plaza, Casa Nela, Gandainas, O Lure, O Souto das Candeas e a Taberna Gallofa.



 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac