Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Biblioteca de Verín acada de novo o galardón do “Alto Patrocinio do Parlamento Europeo” coa súa actividade transfronteiriza “Convive coas línguas”
A Biblioteca de Verín acada de novo o galardón do “Alto Patrocinio do Parlamento Europeo” coa súa actividade transfronteiriza “Convive coas línguas” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 22 Agosto 2018 13:18

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín logra unha nova distinción, sumándoa así ao  extenso palmarés de premios e galardóns que posúe e que a sitúa coma un referente nacional. Nesta ocasión, a Biblioteca recibiu o galardón do “Alto Patrocinio do Parlamento Europeo” pola súa actividade transfronteiriza “Convive coas línguas”, unha xornada de contacontos e manualidades na que participarán, mañá xoves, un grupo de nenos e nenas da veciña localidade de Chaves.

Devandita distinción, outorgada por D. Antonio Tajani, Presidente do Parlamento Europeo, foi comunicada esta mañá o centro municipal por carta postal. Na mesma, a institución enxalza as actividades enfocadas ao fomento á lectura organizadas polo centro,  cunha especial sensibilidade ás accións transfronterizas. Nesta ocasión prémiase a súa laboura no eido do fomento á Lectura pola iniciativa transfronteiriza, cultural e de convivencia cos nenos e nenas da veciña localidade de Chaves: “Convive coas línguas”.


Na súa misiva, Tajani pon de manifesto a importancia da convivencia e a transmisión cultural que dende a Biblioteca do Concello de Verín, cos seus nenos e nenas Voluntarios están a realizar, saltando unha fronteira invisible. «El acto que usted ilustra, a escala local, es precisamente lo que es la Unión Europea: un lugar en el que las personas pueden desplazarse libremente a través de las fronteras, reunirse y compartir ideas y pasiones», destacou o presidente do Parlamento Europeo

A actividade pola que se lle outorga este novo recoñecemento é “Convive coas Linguas” organizada conxuntamente coa Eurocidade Chaves – Verín e a Divisão de Desenvolvimento Social e Cultural da Cámara de Chaves, na que participarán aproximadamente corenta nenos e nenas de Chaves, que se desprazarán mañá xoves, 23 de agosto, de 11 a 12 horas, á Biblioteca do Concello de Verín. Na mesma, os Voluntarios e o persoal desta entidade traballarán xunto deles en manualidades e realizarán contacontos de Carlos Casares, María Victoria Moreno xunto con outros relatos en língua portuguesa.

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac