Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín renova os equipos informáticos da Biblioteca Municipal
O Concello de Verín renova os equipos informáticos da Biblioteca Municipal PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 29 Agosto 2018 12:21

O  Concello de Verín acaba de renovar os equipos informativos da A Biblioteca Municipal de Verín. Devanditos dispositivos remplazan aos anteriores, xa que, quedando obsoletos e pola súa frecuencia de uso, necesitaban substituírse para ofrecer un servizo óptimo á cidadanía.

Esta mañá, a concelleira de Cultura, Educación e Festexos, Emilia  Somoza, visitou a Biblioteca para comprobar o funcionamento dos novos equipos informáticos.  Somoza quixo destacar  que esta medida responde á demanda, cada vez máis ampla, dos usuarios que acoden ás instalacións municipais para usar este tipo de servizo. « Dende a concellería de Educación e Cultura consideramos fundamental garantir un acceso libre e gratuíto ás tecnoloxías da información e comunicación, tan necesarias hoxe en día tanto no ámbito educativo como laboral».

En total, instaláronse seis novos equipos  informáticos completos que, cun investimento de 1.320 euros, contan con acceso  gratuíto a internet, paquete completo de ofimática e escáner. Dous dos dispositivos están destinados a uso exclusivo de estudantes, mentres que os outros catro, ademais desta tarefa, tamén poden ser usados para consulta xeral. O tempo de uso para labores de estudo é indefinido mentres que para uso ordinario de consulta estará restrinxido a unha hora por usuario.

 

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac