Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín crea cinco espazos públicos para pegado de cartelería en puntos estratéxicos da vila
O Concello de Verín crea cinco espazos públicos para pegado de cartelería en puntos estratéxicos da vila PDF Imprimir Correo-e
Venres, 31 Agosto 2018 13:18

O grupo de  goberno habilitará cinco paneis informativos en puntos estratéxicos da vila coa finalidade de mellorar a comunicación cos cidadáns, manter limpas as paredes da vila e reducir o uso innecesario de papel. Estes paneis teñen dous reversos, un reservado a información municipal e outro dispoñible para a libre expresión dos veciños, favorecendo así a accesibilidade informativa a todos os colectivos sociais de Verín.

Esta mañá instaláronse os dous primeiros paneis na rúa Lisa e na Avenida de Portugal (no cruzamento con rúa Irmáns La Salle), O próximo luns colocaranse os tres restantes. O proxecto, que conta cunha partida inicial de 4.900  euros (IVE  incluído), dotará ao centro urbano dun total de cinco espazos públicos. Segundo a demanda veciñal do servizo, o grupo de goberno está aberto a ampliar novas zonas informativas.


«Coa habilitación destes puntos informativos», explicou a concelleira de Cultura de Verín, Emilia  Somoza,  « pretendemos mellorar a comunicación cos nosos veciños, centralizando as informacións en puntos estratéxicos do centro urbano. Somos conscientes de que hai diferentes colectivos sociais que non teñen acceso, ou simplemente non usan, as nosas plataformas informativas dixitais, co cal vemos necesario reforzar os recursos municipais de comunicación directa. Con esta iniciativa tamén queremos manter as paredes da vila máis limpas e reducir o uso  innecesario de papel».

Uso correcto dos paneis informativos

Desde o executivo municipal rógase a todos os veciños que fagan un uso respectuoso e racional deste novo recurso informativo, xa que é responsabilidade de todos coidar o mobiliario urbano.

Os paneis constan de dous reversos. Un deles, estará reservado -e  debidamente sinalizado- para uso exclusivo de información municipal. A cara restante será para usa xeneral da  veciñanza. Poderanse colocar calquera tipo de informacións non comerciais, e unha vez que todos estes espazos estean habilitados e en funcionamento comezarase a sancionar a aqueles veciños que coloquen carteis en espazos prohibidos. (Como así se recolle na ordenanza sobre civismo, reguladora do uso e limpeza da vía pública e a protección da paisaxe urbanística do Concello de Verín, do 07/05/2009).

Os carteis deben pegarse con celo, sen  chinchetas nin cola, con só un cartel por evento (cun tamaño máximo de A3) en cada un dos paneis. Os servizos municipais de limpeza revisarán todos os carteis cada luns e retirarán as informacións obsoletas ou que non se adapten á normativa.

 

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac