Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas “O mundo está parado” de Guadi Galego no Auditorio Municipal de Verín
“O mundo está parado” de Guadi Galego no Auditorio Municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 03 Setembro 2018 11:54

O sábado 15 de setembro, ás 21:00 horas,  O Auditorio Municipal de Verín acolle o espectáculo “O mundo está parado” de  Guadi Galego, evento coral no que a artista se fai acompañar dos músicos que participaron na gravación e arranxos do seu terceiro traballo en solitario así como colaboracións especiais.

Guadi  Galego  fai  balance  da  xira  co  seu  terceiro  traballo  en  solitario,  “O  mundo  está  parado”,  un  ano  despois  da  súa  saída.  Este  disco  arrasou  nas  vendas,  coa  primeira  tirada,  de  1.000  vinilos,  esgotada  en apenas un mes, e sendo considerado polo crítico Fernando Neira como un dos cinco mellores discos do 2016 en España. Tivo unha xira de máis de 50 concertos, coa que pasou polas catro provincias galegas,  Barcelona,  Madrid,  Portugal  e  algunha  das  feiras  máis  impor-tantes do Estado con proxección europea: a Trovam de Valencia ou o  Mercat  de  Música  Viva  de  Vic.  Até  xuño  do  2018  terá  lugar  a  xira  de  despedida,  cun  formato  moi  especial,  acompañada  a  banda  no  escenario polo cuarteto de cordas e o trío de ventos que lle dan esa sonoridade incrible ao disco.


A agrupación comeza a súa andaina musical no 97 con Berrogüetto, no ano 2005  grava Espido, con Guillerme Fernández, o seu proxecto máis íntimo e persoal, e un ano despois Nordestin@s xunto con Abe Rábade e Ugia Pedreira. Finalmente no 2009 sae á luz Benzón, o seu primeiro proxecto en solitario, premio ao mellor disco do ano e candi-datura  aos  premios  da  Música.  No  ano  2012  sae  á  luz  aCadaCanto, proxecto intimista onde traballa unha vez máis con Guillerme Fernán-dez, acompañada tamén por Xabier Díaz na voz e Xosé Lois Romero no  acordeón.  En  novembro  de  2014  publica  o  seu  segundo  traballo  en solitario, Lúas de outubro e agosto coa produción de Patxi García, co que se converte nunha das artistas galegas do momento. Xa no 2016,  ano  en  que  acada  o  Premio  Martín  Códax  da  Música  á  mellor  artista na categoría de canción de autor, publica o seu terceiro disco en  solitario,  O  mundo  está  parado  (FOL  Música,  2016),  que  despide  neste 2018 antes de emprender novo proxecto

 As entradas xa están dispoñibles, por 5 euros, no portal web de Ataquilla.com e na taquilla do Auditorio Municipal Verín.

 Organiza: Concello de Verín.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac