Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Auditorio de Verín acolle a presentación do proxecto audiovisual “A memoria da Raia”
O Auditorio de Verín acolle a presentación do proxecto audiovisual “A memoria da Raia” PDF Imprimir Correo-e
Luns, 03 Setembro 2018 12:32

O próximo sábado día 8 de setembro, ás 20.00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a presentación do proxecto audiovisual independente “A Memoria da Raia”, taballo de Iris Justo Rodríguez e Miriam González Francisco que investiga as particularidades culturais, económicas e políticas na fronteira galego-portuguesa.

A memoria da Raia comezou a súa andadura no verán do ano 2016 mediante a colaboración de Iris Justo Rodríguez e Miriam González Francisco. Foi en Verín onde primeiro se mostrou ao público parte do proxecto mediante unha exposición fotográfica nos pasados meses de abril e maio. O proxecto divídese en tres partes,  a peza audiovisual, unha nova e máis completa exposición fotográfica e unha revista monográfica deseñada por Andrea Justo Pérez onde se recollerá moita da información que non pode ser incluída no documental debido ao formato cinematográfico. O período temporal escollido foi a partir do inicio da Guerra Civil Española.

A memoria da Raia ten a súa propia páxina de Facebook onde se explica de maneira máis detallada todas as características do traballo e se mantén ao público informado dos avances da investigación.

Esta idea comezou de maneira independente cun obxectivo fundamental:  a difusión da “historia raiana”  como parte do patrimonio inmaterial desta zona. Para poder contar con máis recursos estase presentando o proxecto aos concellos da comarca, os cales se mostraron moi receptivos ao mesmo.

A premisa da que parte este proxecto é a unidade cultural dos territorios que constitúen a Raia Seca a pesares de ter sido divididos historicamente a través da fronteira entre Galicia e Portugal.  Os grandes acontecementos históricos que se sucederon no Estado Español e Portugués tiveron a súa versión particular nesta zona, é aquí onde radica a  importancia de documentala.

A idea é indagar sobre a historia particular da Raia mediante testemuñas persoais acompañadas investigacións académicas de persoeiros como Xerardo Dasairas e Paula Godinho entre outros. A historia testemuñal  dos protagonistas que viviron esta época de primeira man estará tamén enriquecida cos textos dos escritories raianos como Ferreira de Castro, Silvio Santiago (Vilardevós), Bento da Cruz (Montalegre) e Antonio Fernández Pérez (Rabal).

Comezando co golpe de estado militar do ano 1936, este documental proponse analizar a importancia das actividades comercias que se desenvolvían a ambos lados da Raia, que a pesar de ser ilegais foron continuas. O contrabando foi un dos principais recursos económicos na posguerra, pero a Raia foi tamén unha vía de escape para todos aqueles que fuxían da guerra de España ou se escondían para continuar loitando, e posteriormente un medio para emigrar cara Europa por parte dos portugueses.

 Atópase aquí un escenario onde se mesturaba a loita política, a loita pola supervivencia e as relacións culturais entre pobos pertencentes  estados diferentes no medio dunha gran presenza policial a ámbolos dous lados da Fronteira.

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac