Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Biblioteca de Verín acolle a presentación da obra “Destellos”, de Ari Alonso
A Biblioteca de Verín acolle a presentación da obra “Destellos”, de Ari Alonso PDF Imprimir Correo-e
Martes, 04 Setembro 2018 10:34

O xoves 6 de setembro, ás 19:00 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acolle a presentación do libro "Destellos", da autora verinesa Ari Alonso.

«Destellos parte dunha base simple como os destellos que a vida reflicte en cada paso que damos, en cada momento que vivimos, tanto de situacións cotiás como a vida, o amor, a guerra ou mesmo en persoas que nos deixaron un gran escintileo na nosa memoria.».

Ari Alonso

Nace unha noite de Decembro de 1984 en Galicia, desde moi pequena empeza a escribir cousas soltas, de súpeto nas súas mans cae algo do poeta vasco  Blas de Otero e é desde aí que toma o seu referente. Amante dos animais e a vida . Pasa por varios sitios e varios traballos que a fan ir crecendo, despois dunha longa estancia en Valencia decántase por un cambio máis drástico e decide cruzar o  óceano ata chegar a  Tijuana (México) é aí onde empeza a escribir pequenos  árticulos nunha revista local  tijuanense ata lanzarse ao seu primeiro libro “Crónicas de una muerte” un poemario onde abarca a morte en todas as súas facetas. É membro de  SIPEA BAJA  CALIFORNIA e  despúes de “Destellos” segue loitando por abrirse camiños en novas facetas da literatura , poesía , novela, relatos…

(Editoria Círculo Rojo)

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac