Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Museo Claustro Mercedario acolle o sábado unha reunión internacional sobre o aproveitamento turístico dos lagares rupestres
O Museo Claustro Mercedario acolle o sábado unha reunión internacional sobre o aproveitamento turístico dos lagares rupestres PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Setembro 2018 10:49

O valor e o aproveitamento turístico dos lagares rupestres en toda Europa será obxecto de análise e debate por expertos internacionais este sábado no Museo Claustro dos Mercedarios, en Verín. As sete da tarde, e aberta ó público, celebrarase unha mesa redonda no Salón de Actos onde se debaterá o futuro deste importante vestixio do noso pasado e recurso para o desenvolvemento turístico do futuro. 

Dous novos países, Italia e Creta, adheriranse á Rede Internacional de Lagares Rupestres nun acto en Verín, o próximo día 8 de setembro, no contexto do II Foro Internacional desta especialidade que acollerá o Museo Claustro Mercedario na vila do Támega. A comarca verinesa acolle a maior concentración destas pezas arqueolóxicas de España,  un importante recurso turístico cuxo futuro será analizado nestas xornadas.

A mesa redonda, dirixida polo enólogo Luís Paadín e integrada por importantes expertos internacionais sobre os lagares rupestres, abrirá ao público e terá lugar ás 19:00 horas do sábado 8 de setembro, no Salón de Actos do colexio da Mercé.

A mesa redonda abordará “O valor patrimonial, turístico e de identidade dos lagares rupestres”, afondando no valor como recurso destas pezas únicas no mundo da produción do viño, que se atopan dispersas por todo o mundo mediterráneo.

Intervirán  Luís Vicente Elías como presidente da Asociación Lagares Rupestres de España (Doutor en antropoloxía), Augusto Sequira como presidente da Asociación en defensa de los Lagares Rupestres de Portugal, Asunción Martínez vicepresidenta (Doutora en Arqueoloxía) e Julio Grande secretario xeral (Licenciado en Humanidades).

Modera Luís Vicente  Elías, e se presentan as dúas Asociacións. Logo falarán dos aspectos científicos e das  posibilidades enoturísticas. Tamén se abordarán  as adhesións de Italia e Creta, tras o cal abrirase unha  quenda de preguntas aos asistentes. Ás 19.55 horas, intervirá a directora xeral de Turismo, María Nava Castro, os alcaldes de Verín,  Monterrei, Oimbra e a presidenta da D.O. Monterrei.

 

 

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac