Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Festa de disfraces para clausurar a ludoteca de verán campamento urbano 2018
Festa de disfraces para clausurar a ludoteca de verán campamento urbano 2018 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Setembro 2018 12:32

Hoxe rematou o servizo da Ludoteca de verán-campamento urbano que organiza a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín. Esta iniciativa, que comezou o 25 de xuño e na que participaron máis de 250 menores con idades comprendidas entre 3 e 13 anos, ten por obxecto conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacional dos/as menores.

Para clausurar este verán tan especial, os pequenos participaron nunha divertida festa de disfraces no CEIP Princesa de España. Todo un espectáculo de cores, amenizado por unha discomóbil que rematou cunha comida para todos/as os/as asistentes.

Este servizo ofrecese, segundo as necesidades dos proxenitores, de luns a venres en tres horarios diferentes e a elixir: servizo por quincenas, metade ou completo. Obradoiros educativos e lúdicos, animación á lectura e contacontos, piscina, repostería e cociña, recortables, talleres de Nutrición, xogo libre, rutas de sendeirismo ou acampada nocturna, foron algunhas das actividades nas que  participaron os/as cativos/as.

Ademais, durante os meses de xullo e agosto programáronse iniciativas dedicadas a diferentes temáticas como o día do sombreiro, día do avó, San Fermín e o chupinazo, festa da Batucada, Dia de Galicia, actividades coa Cruz Vermella, obradoiros de Igualdade co CIM da Mancomunidade de Verín, xornadas lúdicas coa A.C de Música Tradicional de Monterrei - Banda de Gaitas Nova Era, visita temática ao Museo Claustro Mercedario e un Graffiti da Ludoteca, realizado en colaboración co Festival Extruga Street.


 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac