Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas EXPOARTE 2018 na Sala de Exposicións de Verín
EXPOARTE 2018 na Sala de Exposicións de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 13 Setembro 2018 13:58

Do 14 de setembro ao 13 de outubro, a Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra EXPOARTE 2018. A exposición, que se inaugurará este venres 14 de setembro ás 19:00 horas na Sala de Exposicións de Verín, é unha escolma feita polos propios alumnos de traballos que se realizaron nas Aulas de Especialización da Escola Municipal de Artes e Oficios no curso que rematou no pasado mes de xuño.

O horario para visitas durante o mes de setembro é de luns a venres, ámbolos dous incluídos, das das 17:30 h. ás 20:30 h.; e os sábados de 10:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 20:00 h.

Nas Aulas de Especialización da Escola de Artes e Oficios fórmanse alumnado cunha idade mínima de 17 anos. As especialidades que se ofrecen son Cerámica, Pintura (Debuxo, Óleo, Acrílico e Pastel) e Talla en Madeira.

As Aulas de Especialización da Escola de Artes e Oficios de Verín tratan de cubrir un dobre obxectivo. A maioría do alumnado accede ao centro buscando o uso creativo do tempo de lecer. Algúns dos participantes nas actividades pretenden a capacitación profesional. Estes alumnos poden acceder ao Carné de Artesán, despois de catro anos de formación no centro.

As clases impártense fóra do horario laboral, entre a segunda quincena de setembro e a primeira quincena de xuño. A carga lectiva é de

catro horas semanais en dúas sesións formativas de dúas horas de duración.

Para o próximo curso, que comeza o vindeiro luns, o prazo de matrícula permanece aberto. A inscrición tramítase na Casa do Concello de

Verín (Negociado de Cultura, 1º andar).

Ademais das Aulas de Especialización, a Escola Municipal de Artes e Oficios ofrece, para idades comprendidas entre os 6 e os 18 anos, actividades de Iniciación ás Artes Plásticas. A formación, que se imparte en horario extra-escolar, transmite fundamentos de cor, liña e volume, e desenvolvese durante dúas horas semanais, en sesións de unha hora en días alternos ou de dous horas de formación continuada.

Tamén nas Aulas de Iniciación permanece aberto o prazo de matrícula.



 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac