Unha ducia de rúas estarán afectadas o próximo xoves pola tarde pola primeira etapa da Volta Ciclista a Galicia |
|
|
|
Luns, 17 Setembro 2018 12:39 |
Unha ducia de rúas verinesas verán restrinxido o tráfico na tarde do próximo xoves, a causa da celebración da etapa inicial da Volta Ciclista a Galicia. A saída oficial será ás 18:00, e as probas desenvolveranse ata ben pasadas as sete da tarde, segundo as previsións da organización.
A XVII Volta a Galicia comeza o xoves 20 de setembro en Verín. Dende a primeira hora da tarde un dispositivo de Protección Civil acondicionará as rúas para a proba contrarreloxo, que terá a súa saída oficial ás 18:00 e que, tras o paso dos 18 equipos participantes, concluirá nun espazo de entre as 19:00 ou 19:30 horas.
As rúas afectadas son Pedro González, Laureano Peláez, Luís Espada, Rúa Elle, Antonio Fernández, Av. Portugal, Camiño das Tutelas e carreteira de Cabreiroá, Avd. Cabreiroá, Camiño dos Coutos, Río Támega e praza do Concello.
O Concello de Verín e a organización da XVII Volta Ciclista a Galicia agradecen a comprensión dos veciños e piden desculpas polas molestias que se ocasionarán.
|