Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O IX Festival de Teatro "Entreculturas" arrinca esta fin de semana en Verín coa obra "Aproximación a muller nociva”
O IX Festival de Teatro "Entreculturas" arrinca esta fin de semana en Verín coa obra "Aproximación a muller nociva” PDF Imprimir Correo-e
Martes, 02 Outubro 2018 12:15

A vindeiro sábado 6 de outubro, o Auditorio Municipal de Verín acolle a representación da obra “Aproximación a muller nociva” do grupo de teatro Oreteiro. Esta representación está enmarcada dentro da IX edición do Festival de Teatro Entreculturas, organizado pola Asociación para a Cultura e o Lecer: A Caixa de Pandora de Verín, en colaboración do Concello de Verín.

Para acceder a obra teatral, que terá lugar ás 20:30 horas, será necesario realizar unha achega de 5 euros, que a asociación sen ánimo de lucro “La Caja de Pandora” destinará a sufragar o aloxamento e a manutención dos actores que participan no festival. As entradas estarán dispoñibles os días 4, 5 e 6 de outubro no Auditorio de Verín, en horario de 18:00 a 20:00 horas.


APROXIMACIÓN A MULLER NOCIVA

Sobre a obra:

Mauro e Uxía non son unha parella convencional ( ou si…) . Manteñen unha relación estraña na que toman parte tamén as amizades ( algunhas moi especiais) e un personaxe encargado de poñer algo de moral ( moral?) en todo este asunto…

Sobre  o grupo:

O grupo de teatro ORETEIRO  volta á escena , este ano con folgos renovados despois dos grandes éxitos acadados na última celebración dos Premios RAMÓN PUGA de teatro con 5 nomeamentos e tres premios  ( Mellor actriz, mellor actor secundario e mellor dirección) cun novo traballo que coma sempre é o froito de non poucos esforzos e moitas horas de ensaio.

O traballo deste ano é moi diferente ao que levan feito ata o de agora. Unha obra de teatro actual, moderna, moi simbólica e que invita á reflexionar sobre as forzas que gobernan as nosas vidas, sobre os estereotipos levados ao extremo sobre a convivencia e, en definitiva, sobre os sentimentos que cada un manifesta (ou non) pero que sempre están presentes.

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac