Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Aberto o prazo de inscrición para os curso deportivos infantís PDF Imprimir Correo-e
Martes, 02 Outubro 2018 16:56

O Concello de Verín abre hoxe o prazo de inscrición para os seus cursos deportivos infantís.

As actividades que se ofertan son as seguintes:

PEQUEXOGOS (nenos e nenas nados no 2015).

Horario: martes e xoves, de 18.15 a 19.00 horas.

Ximnasio do Pavillón Municipal de Deportes.

PSICOMOTRICIDADE (nenos e nenas nados en 2013 e 2014).

Horario: martes e xoves, de 17.30 a 18.15 horas.

Ximnasio do Pavillón Municipal de Deportes.

Ámbalas dúas actividades están dirixidas por monitores especialistas en educación infantil que traballarán as diferentes habilidades motrices que se relacionan  co desenvolvemento evolutivo do neno e que establecen as bases para unha correcta iniciación deportiva.

Inicio dos cursos: 16 de outubro.

Para abrir un curso deportivo precisarase un mínimo de 8 alumnos inscritos.

Os prezos xerais están establecidos en: 56,50 euros (empadroados) ou 70,60 euros (non empadroados).

Información e Inscrición no Pavillón Municipal de Deportes (988411140) en horario de atención ao público: de 09.00 a 14.00 (luns a venres).