Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Unha axencia de viaxes de Benavente, primeiro grupo turístico que inclúe o Museo do Claustro dos Mercedarios no seu percorrido en Galicia
Unha axencia de viaxes de Benavente, primeiro grupo turístico que inclúe o Museo do Claustro dos Mercedarios no seu percorrido en Galicia PDF Imprimir Correo-e
Venres, 05 Outubro 2018 18:18

Unha axencia de viaxes de Benavente, primeiro grupo turístico que inclúe o Museo do Claustro dos Mercedarios no seu percorrido en Galicia.

Un grupo de 50 turistas procedente de Benavente visitou hoxe as instalacións do Museo do Claustro dos Mercedarios de Verín, de camiño na súa visita a Galicia, que continuou pola mediodía coa Festa do Marisco de O Grove.

O Museo, centrado na difusión das sinais de identidade da comarca de Verín, ten actualmente tres exposicións temporais, sobre a orixe do licor café, os viños de Monterrei e os primeiros contactos con Tartessos.

Os visitantes, primeiro grupo dunha axencia de viaxes que inclúe o Museo de Verín como primeiro punto de parada en Galicia, foron recibidos polo tenente de alcalde, Diego Lourenzo, que lles deu a benvida e os acompañou nunha visita guiada ó museo.

Con este grupo, xa son máis de 17.000 visitas as recibidas polo Museo no seu ano de existencia. A visita dos excursionistas castelán-leoneses repetirase o 12 de outubro.



 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac