Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A docencia teatral atopa espazo en Verín
A docencia teatral atopa espazo en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 09 Outubro 2018 09:37

A poboación da vila de Verín terá a oportunidade de aventurarse no mundo das artes escénicas os sábados 10, 17 e 24 de novembro. En formato de curso, o actor Santiago Cañaveral, en colaboración co Concello de Verín, oferta tres xornadas matutinas de profesionalización teatral no Pavillón dos Deportes da vila.

Os alumnos deste curso poderán disfrutar dunha especialización propia e grupal na interpretación escénica ao longo de tres sesións. A finalidade do mesmo é a progresión a través dos distintos tipos de teatralidade centrándose na esfera do teatro pobre, para así rachar coa convención dun teatro á italiana ou elitista.

O primeiro día oriéntase á realización de exercicios de psicomotricidade, interpretación e improvisación. A segunda xornada xira en torno á superación e recoñecemento de muros emocionais e bloqueos mentais xerados pola autocensura. Na terceira sesión, a modo de conclusión, os matriculados executarán pequenos monólogos mudos preparados para que cada un atope o seu desenvolvemento individual nunha escena. O prezo do curso para os tres días é de 60 euros.

Información e inscrición: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo // Tfno. 600 234 318.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac