Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Auditorio de Verín acolle a representación da obra de teatro infantil “Asubíos”
O Auditorio de Verín acolle a representación da obra de teatro infantil “Asubíos” PDF Imprimir Correo-e
Martes, 09 Outubro 2018 13:14

O vindeiro domingo 28 de outubro, ás 18:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a representación da obra teatral infantil “Asubíos”, quinta das propostas do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2018 que percorrerá este outono, en exclusiva, 20 concellos da Rede de Dinamización Lingüística da man da compañía Elefante Elegante. 

Trátase dunha peza teatral dirixida a todos os públicos a partir de 3 anos e inspirada no conto "Cada home é unha raza", do escritor mozambicano Mia Couto. Se no orixinal o tema fundamental é a discriminación racial, na adaptación de Elefante Elegante a temática xira arredor do medio natural e de como vivir en harmonía coa natureza. Trátase dun alegato para unha vida respectuosa do ser humano coa terra que o acolle.

O vindeiro martes 16 de outubro, o Concello de Verín poñerá a disposición do público as entradas (gratuítas e numeradas) no Auditorio Municipal, en horario de 17:00 a 20:00 horas.

Sinopse:

A Cidade Cinza era absolutamente silenciosa. Ninguén falaba, ninguén cantaba, ninguén ría e ninguén choraba. Naquela cidade unha morea de persoas camiñaba da casa para o traballo e da escola para a casa... sen parar. Non había unha soa flor, non habitaba unha soa árbore. Non había lugar para a natureza. Pero todas as mañás pasaba o vendedor de paxariños cargando unha fermosa gaiola de portas abertas con paxariños libres de cores alegres. As nenas e os nenos inundaban as rúas para asistir ao espectáculo. O vendedor collía unha guitarriña e acompañaba o frenético chiar da paxarada. Ao seu arredor, o mundo transformábase nunha fábula. Pero por detrás da cortinas, as xentes da cidade reprobaban aquel home que distraía as persoas das súas obrigas cotiáns. Pola súa banda, os mandaríns da cidade tentaron de tódolos xeitos evitar que a natureza e as súas cores lle roubasen a cidade cincenta o seu nome. Será que o conseguiron?

O Elefante Elegante crea espectáculos de teatro visual baseados tanto no texto coma no xesto e no movemento. As súas pezas, que buscan sempre a universalidade, xorden da fusión de diferentes linguaxes: a palabra, o teatro físico, a danza, as artes plásticas e as artes visuais. Nesta ocasión, a coidada estética que o caracteriza vai da man do respecto polo medio natural, das emocións, dos afectos e do humor para achegarlle ao público familiar, infantil e xuvenil teatro na lingua propia de Galicia.?

 

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac