Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Verín abre o prazo para o concurso do “Cartel Oficial do Entroido 2019”
Verín abre o prazo para o concurso do “Cartel Oficial do Entroido 2019” PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 11 Outubro 2018 00:00

Con motivo da celebración do Entroido 2019, o Concello de Verín  convoca un concurso para seleccionar o cartel oficial das festas, con arranxo ás seguintes bases:


1º.- Poderán tomar parte no concurso todos os creadores españois ou estranxeiros que así o desexen, co número de traballos que estimen oportunos,  sendo condición indispensable que as obras sexan orixinais.


2º.- Os traballos presentados terán como única identificación un lema. O incumprimento desta norma será motivo de descualificación. O lema presentarase escrito no exterior dun sobre pechado. No interior do sobre xuntarase unha fotocopia do DNI do autor/a, e información co nome artístico -de estimalo oportuno-, enderezo actual e teléfono. Os sobres abriranse despois da decisión do Xurado Os concursantes responsabilízanse totalmente de que non existen dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como renuncian a toda reclamación por dereitos de imaxe.


3º.- O formato único será vertical con tamaño de 50 x 70 cm (non servirán formatos proporcionais). Presentaranse montados sobre un bastidor ríxido. Non existirán límites de tintas nin técnicas. No caso de que a obra sexa presentada con sistemas informáticos, aportarán ademais da reprodución a cor que reúna os requisitos sinalados, o correspondente soporte magneto/óptico con todos os ficheiros necesarios para a obtención de fotolitos xunto coas fontes utilizadas, e no seu caso, os orixinais das imaxes utilizadas.


.- O cartel imprimirase en offset. O/A autor/a poderá indicar en Pantone as colores utilizadas.


5º.- As obras levarán como único texto ENTROIDO 2019 - VERÍN. 21, 24 e 28 de febreiro e 1, 2, 3, 4 e 5 de marzo. Festa declarada de interese turístico nacional.


6º.- O tema será libre de elección e interpretación do autor debendo recoller o espírito entroideiro de Verín.


7º.- A data límite para a presentación dos traballos é o 30 de novembro de 2018. No caso de envíos por Correos ou por empresas de mensaxería, non se admitirán entregas a partir das 14:00 h. dese día. As obras entregaranse no Rexistro de Entrada do Concello de Verín, Praza do Concello, 1; 32600 Verín.


8º. Os carteis presentados expoñeranse do 1 o 9 de decembro na Auditorio Municipal de Verín, durante o Festival Internacional de Curtametraxes de Verín – Vía XIV. Durante estas datas os veciños/as poderán votar, previa presentación do DNI,  o deseño que máis lles guste. Tras  o  período  de exposición realizarase o reconto. O cartel con maior número de votos será o gañador. En caso de empate,  terán  dous  días  máis  de votación    aquelas que,  resultante do voto popular, obteñan a condición para desempatar.


.- O resultado da votación será inapelable e farase público a través dos medios de comunicación. De estimalo necesario, o Concello de Verín poderá propor melloras a algún dos traballos presentados para, de ser aceptadas polo/a autor/a, premialo. O Concello de Verín corrixirá os posibles erros dos textos que figuren nas obras e resérvase a facultade de incluír logotipos ou anagramas na composición definitiva do cartel.


10º.- O premio consistirá na edición do cartel seleccionado e nunha dotación económica de 600 euros. O cartel premiado será propiedade do Concello de Verín. Dita propiedade inclúe todos os dereitos inherentes á súa libre reprodución, difusión e no seu caso transmisión. O Concello de Verín reservase todos os dereitos de propiedade industrial e uso do cartel premiado e dos distintos elementos que o conformen, xuntos ou por separado, así como a súa manipulación e adaptación para adecualo nos diferentes soportes publicitarios.

11º.- Os traballos non premiados deberán ser retirados despois de 20 días de feito público o fallo do xurado. Se no prazo indicado non se retiraron, entenderase que os seus autores renuncian á súa propiedade a favor do Concello de Verín, quen poderá destruílos ou darlles o destino que considere máis conveniente ou oportuno.

A participación neste concurso supón a aceptación de todas e cada unha das bases. A interpretación ou modificación, no caso de precisala, das presentes Bases, é un dereito exclusivo do Concello de Verín.

 

 

 

 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac