Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín xa ten operativos os seus cinco primeiros espazos públicos para pegado de cartelería
O Concello de Verín xa ten operativos os seus cinco primeiros espazos públicos para pegado de cartelería PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 11 Outubro 2018 13:26

O Concello de Verín xa ten operativos os cinco primeiros paneis informativos, ubicados en puntos estratéxicos da vila, coa finalidade de mellorar a comunicación cos cidadáns, manter limpas as paredes da vila e reducir o uso innecesario de papel. Estes paneis teñen dous reversos, un reservado a información municipal e outro dispoñible para a libre expresión dos veciños, favorecendo así a accesibilidade informativa a todos os colectivos sociais de Verín.



Devanditos paneis están instalados nos seguintes puntos do casco urbano:

  • Rúa Lisa.
  • Avenida de Portugal (no cruzamento con rúa Irmáns La Salle).
  • Avenida de Laza (no cruzamento coa rúa Rosalía de Castro).
  • Avenida de Portugal (en fronte ao IES Xesús Taboada Chivite).
  • Rúa Irmáns Moreno (en fronte ao Pavillón Municipal de Verín).

 

O proxecto, que contou cunha partida inicial de 4.900  euros (IVE  incluído), dota ao centro urbano dun total de cinco espazos públicos. Segundo a demanda veciñal do servizo, o grupo de goberno ampliará novas zonas informativas.

«Coa habilitación destes puntos informativos», explicou a concelleira de Cultura de Verín, Emilia  Somoza,  « pretendemos mellorar a comunicación cos nosos veciños, centralizando as informacións en puntos estratéxicos do centro urbano. Somos conscientes de que hai diferentes colectivos sociais que non teñen acceso, ou simplemente non usan, as nosas plataformas informativas dixitais, co cal vemos necesario reforzar os recursos municipais de comunicación directa. Con esta iniciativa tamén queremos manter as paredes da vila máis limpas e reducir o uso  innecesario de papel».

 Uso correcto dos paneis informativos

Desde o executivo municipal rógase a todos os veciños que fagan un uso respectuoso e racional deste novo recurso informativo, xa que é responsabilidade de todos coidar o mobiliario urbano.

Os paneis constan de dous reversos. Un deles, estará reservado -e  debidamente sinalizado- para uso exclusivo de información municipal. A cara restante será para usa xeneral da  veciñanza. Poderanse colocar calquera tipo de informacións non comerciais, e unha vez que todos estes espazos estean habilitados e en funcionamento comezarase a sancionar a aqueles veciños que coloquen carteis en espazos prohibidos. (Como así se recolle na ordenanza sobre civismo, reguladora do uso e limpeza da vía pública e a protección da paisaxe urbanística do Concello de Verín, do 07/05/2009).

Os carteis deben pegarse con celo transparente, sen  chinchetas nin cola, con só un cartel por evento (cun tamaño máximo de A3) en cada un dos paneis. Os servizos municipais de limpeza revisarán todos os carteis cada luns e retirarán as informacións obsoletas ou que non se adapten á normativa.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac