Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Femuro presenta no Auditorio Municipal a exposición fotográfica “mulleres con historia”
Femuro presenta no Auditorio Municipal a exposición fotográfica “mulleres con historia” PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 25 Outubro 2018 08:09

Maña  venres 26,  ás 20:00 horas, a Federación provincial de Mulleres  Rurais de Ourense (Femuro) presenta de maneira oficial a exposición fotográfica “Mulleres con historia” no Auditorio de Verín. Esta mostra, composta por un total de 23 fotografías de mulleres entre 7 e 45 anos, pretende visibilizar a mulleres do pasado e do presente, a aquelas que fixeron historia e que, ás veces, non se lles deu a importancia que merecen. Do mesmo xeito,  tamén a aquelas mulleres anónimas que as representan nas fotografías e que teñen a súa propia historia.



O acto inaugural vai consistir na presentación da mostra fotográfica, precedida dunha breve introdución sobre a Federación, contando de onde xorde a idea deste proxecto e dando voz a algunhas das modelos que compoñen a exposición para que nos conten a súa experiencia

Tamén se mostrarán dous breves vídeos: un é o  making  of, e o outro é unha peza audiovisual que pretende dar protagonismo absoluto ás modelos, as cales sosteñen palabras que as definen a elas mesmas.

CALENDARIO DE ASOCIACIÓNS

Femuro tamén presenta un calendario no que participan un total de 12 asocacións que, de maneira voluntaria, colaboran no proxecto. En cada mes, unha asociación forma -cos seus corpos- unha palabra relacionada coa igualdade e coa traxectoria de Femuro: 20 anos, xuntas, activas, empoderadas, valentes…

A finalidade do calendario e que as nosas mulleres sexan partícipes dun calendario feminista, divertido, orixinal, que o mostren orgullosas, e sobre todo que o vendan. Os beneficios recadados do calendario irán, unha parte para Femuro,  con fins solidarios, e outra parte para as asociacións que participaron nel, conseguindo así uns pequenos fondos para as súas actividades.


 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac