Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas “Pesadillas 2: Noche de Halloween” e “La Monja” no cinema municipal de Verín
“Pesadillas 2: Noche de Halloween” e “La Monja” no cinema municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 29 Outubro 2018 12:51

Durante os días 2, 3 e 4  de novembro, o cinema municipal de Verín acolle a proxección das películas “Pesadillas 2: Noche de Halloween”, e “La Monja” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:


  • 02-11-18: PESADILLAS 2: NOCHE DE HALLOWEEN : 19:30 h

                            LA MONJA: 22:00 h.

  • 03-11-18: PESADILLAS 2: NOCHE DE HALLOWEEN : 17:00 e 19:30 h

                             LA MONJA: 22:00 h.

  • 04-11-18: PESADILLAS 2: NOCHE DE HALLOWEEN : 17:00 h

                              LA MONJA: 19:30 e 22:00 h.

Entradas en taquilla dispoñibles 30 minutos antes do inicio das sesións no propio Salón de Actos da Casa da Cultura. (Rúa Irmáns La Salle).

PESADILLAS 2: NOCHE DE HALLOWEEN. 90´ - PENDENTE DE CALIFICACIÓN

A noite de Halloween cobra vida nesta nova comedia de aventuras baseada na serie de libros escrita por  R. L.  Stine, que leva vendidos máis de 400 millóns de exemplares en todo o mundo. Secuela de "Pesadelos" (2015). ( FILMAFFINITY)

LA MONJA. 96´ - NRM 16

Cando unha nova monxa se suicida nunha abadía de clausura en Romanía, un sacerdote experto en posesións  demoniacas e unha  novicia a piques de tomar os seus votos, son enviados polo Vaticano para investigar. Xuntos descobren o profano segredo da orde. Arriscando non só as súas propias vidas senón a súa fe e ata as súas almas, enfróntanse a unha forza  maléfica en forma de monxa  demoníaca, nunha abadía que se converte nun campo de batalla de horror entre os vivos e os condenados....  Spin- off da película de terror de 2016 ' The  Conjuring 2'. Producida por  Atomic  Monster, produtora do director especializado no xénero de terror, James  Wan. ( FILMAFFINITY)

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac