Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Auditorio de Verín acolle a representación da obra de teatro “Eroski Paraiso”
O Auditorio de Verín acolle a representación da obra de teatro “Eroski Paraiso” PDF Imprimir Correo-e
Martes, 30 Outubro 2018 11:33

O vindeiro sábado 10 de novembro, ás 20:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a representación da obra teatral Eroski Paraiso, da compañía Chévere.

Eroski Paraiso é a primeira produción escénica de Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro. Eroski Paraíso é unha comedia documental que explora a memoria colectiva, deriva vital e a transformación das relacións dentro dunha pequena comunidade, a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas “O Paraíso”, que funcionou en Muros, un pequeno pobo da costa galega, entre 1972 e 1990, e que ao cabo dos anos foi convertida nun supermercado Eroski. Un feito que, cambiando os nomes, repetiuse en infinidade doutros lugares de toda España.

A obra aliméntase do innato sentido do humor de Chévere, profundando nunha perspectiva crítica da realidade contemporánea e explorando novas zonas de intersección entre a linguaxe cinematográfica e o teatro.

As entradas para a representación desta obra teñen un prezo de 5 euros e xa están dispoñibles en ataquilla.com

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac