Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Pleno Ordinario: 31 de novembro de 2018
Pleno Ordinario: 31 de novembro de 2018 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 31 Outubro 2018 18:21

O Salón de Plenos do Concello de Verín acolleu esta mañá unha sesión ordinaria na que se abordaron os seguintes puntos:


1. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN  EXTRAORDINARIA URXENTE DE DATA 31/10/2018

2. Expediente 2889/2018. APROBACIÓN PROVISIONAL ORZAMENTO XERAL PARA O EXERCICIO 2018

3. Expediente 26/2018. MODIFICACIÓN 1/2018  DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO (POLICÍA LOCAL)

4. Expediente 4786/2018. APROBACIÓN INICIAL DO REGULAMENTO DO CONCELLO MUNICIPAL DA MOCIDADE DE VERÍN

5. Expediente 4566/2018. DISOLUCIÓN ASOCIACIÓN DE CONCELLOS E MUNICIPIOS RIBEREÑOS DO TÁMEGA

6. Expediente 4600/2018. CONVENIO PARA FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAS DE VERÍN

7. Expediente 4463/2018. MODIFICACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL SOBRE  CIVISMO, REGULADORA DO USO E LIMPEZA DA VÍA PÚBLICA E A PROTECCIÓN DA PAISAXE URBANÍSTICA

8. Expediente 3897/2018. FIXACIÓN FESTAS  LOCAIS PARA O ANO 2019

9. Expediente 1020/2018. CUMPRIMENTO SENTENZA DO 31 DE XANEIRO DE 2018 DITADA NO PO 89/2017 SOBRE  OS ACORDOS DA MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN DE DATA 08/07/2016

10.Expediente 4723/2018. CONTENCIOSO 373/2014-B REVISIÓN DE OFICIO MODIFICACIÓN RPT 1/2010  - EXECUCIÓN FORZOSA SENTENZA FIRME DITADA POLA SALA DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO DO TSX DE GALICIA EN DATA 07/03/2017

11.Expediente 3802/2018. MODIFICACIÓN ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA CIRCULACIÓN

12.Expediente 1574/2018.XESTIÓN DIRECTA DO SERVIZO MUNICIPAL DE DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS (EDAR)

13.Expediente 3856/2018.CONTRATO CONCESIÓN DE SERVIZOS  DO CENTRO DE DÍA MUNICIPAL

14.Expediente 544/2018. DESAFECTACIÓN ANTIGA ESCOLA DE FECES DE ABAIXO

15.Expediente 4708/2018. MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO MUNICIPAL DE SUMIDOIROS E SANEAMENTO

16.Expediente 4702/2018.MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO DE ABASTECEMENTO E DISTRIBUCIÓN DOMICILIARIA DE AUGA POTABLE

17. DAR CONTA DOS DECRETOS DITADOS POLA ALCALDÍA E POLAS DISTINTAS CONCELLARÍAS DELEGADAS, EN MATERIA DE ADMINISTRACIÓN LOCAL, DENDE O 12/07/2018 ATÉ O 19/10/2018, AMBAS AS DÚAS DATAS INCLUÍDAS

18. INFORMACIÓNS E OUTROS ASUNTOS DA PRESIDENCIA

19. ROGOS E PREGUNTAS


Tras aprobar por 13 votos a favor (5 PSdeG-PSOE, 5 PP e 3 BNG) e 1 abstención (do concelleiro do BNG Diego Lourenzo Moura, por non estar na sesión obxecto de aprobación) a acta da anterior sesión extraordinaria urxente, o presidente, Gerardo Seoane, someteu votación a aprobación a APROBACIÓN PROVISIONAL ORZAMENTO XERAL PARA O EXERCICIO 2018 que se aprobou por 9 votos (5 PSdeG-PSOE, 4 BNG) e 5 votos en contra do Partido Popular.

En consecuencia, o pleno acordou aprobar  provisionalmente o Orzamento Xeral municipal para  o exercicio  de  2.018,  sendo  as  previsións que  contén, tanto  no  seu estado de ingresos como no seu estado de gastos, as que  figuran no seguinte resumo por capítulos:



ESTADO DE INGRESOS DO ORZAMENTO XERAL DO EXERCICIO 2.018

CAPÍTULO                                                                                   IMPORTE

Capítulo 1: “Impostos Directos”.                                          3.949.860,00 €

Capítulo 2: “Impostos Indirectos”.                                          128.970,00 €

Capítulo 3: “Taxas, Prezos Públicos e Outros Ingresos”.         2.073.574,00 €

Capítulo 4: “Transferencias Correntes”.                                3.900.448,16 €

Capítulo 5: “Ingresos Patrimoniais”.                                          11.356,00 €

Capítulo 6: “Alleamento de Investimentos Reais”.                               0,00 €

Capítulo 7: “Transferencias de Capital”.                                   111.998,57 €

Capítulo 8: “Activos Financeiros”.                                            102.000,00 €

Capítulo 9: “Pasivos Financeiros”.                                            520.000,00 €

TOTAL ESTADO DE INGRESOS 2.018                           10.798.206,73 €


ESTADO DE GASTOS DO ORZAMENTO XERAL DO EXERCICIO 2.018

CAPÍTULO                                                       IMPORTE

Capítulo 1: “Gastos de persoal”.                                           4.369.563,78 €

Capítulo 2: “Subministracións en Bens Correntes e Servizos.  3.492.870,52 €

Capítulo 3: “Gastos financieiros”.                                              37.260,00 €

Capítulo 4: “Transferencias Correntes”.                                 1.159.586,00 €

Capítulo 5: “Fondo de Continxencia”.                                       100.000,00 €

Capítulo 6: “Investimentos Reais”                                            986.926,43 €

Capítulo 7: “Transferencias de Capital”.                                      20.000,00 €

Capítulo 8: “Activos Financeiros”.                                             102.000,00 €

Capítulo 9: “Pasivos Financeiros”.                                             530.000,00 €

TOTAL ESTADO DE INGRESOS 2.018                              10.798.206,73 €


Descarga aquí a memoria de alcaldía dos orzamentos 2018


No referente a MODIFICACIÓN 1/2018  DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO (POLICÍA LOCAL) 2018 aprobouse por 9 votos (5 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a favor e 5 abstencións do Partido Popular as seguintes modificacións:

A). A recualificación dos postos da Policía Local

B).- Implantación   da  xornada en  réxime  de  especial dedicación anual (de  37,5  horas semanais anuais), para  o factor Xornada cun  nivel 9 definido coa  turnicidade cerrada incluíndo noites e festivos, con plena dispoñibilidade e localización según necesidades do servizo.

C).- a  estrutura do corpo da Policía local será a seguinte: 

  • 1 Inspector na escala executiva, Grupo A, subgrupo A2
  • 2 Oficiais  na escala básica,    Grupo C, subgrupo C1
  • 18  policías na escala básica,    Grupo C, subgrupo C1


O posto de Inspector da Policía local recualifícase, cun complemento de destino do 26 e   complemento   específico   de   18.732,00  €,  que   corresponde  a  1400   puntos  de cualificación.

O posto de  Oficial da  Policía local recualifícase, cun complemento de  destino do 22 e complemento específico de  15.587,70 €, que  corresponde a  1165  puntos de cualificación.

O posto de Policía da Policía local recualifícase, cun complemento de destino do 20 e complemento   específico   de   13.313,10   €,   que    corresponde  a   995   puntos  de cualificación.

En canto ao punto catro, o pleno aprobou por unanimidade a creación dun REGULAMENTO DO CONSELLO MUNICIPAL DA MOCIDADE DE VERÍN. O Concello de Verín pretende así impulsar e asegurar a participación da mocidade na vida política, laboral, social e cultural da vila de Verín, especialmente nas cuestión que lles afecten de maneira directa, colaborando así no pleno desenvolvemento   dos  mozos  e   mozas  na   incorporación   á   vida   cidadá. Igualmente, preténdese fomentar o asociacionismo xuvenil, o coñecemento da cultura, historia e lingua, a difusión dos valores de  igualdade, de  liberdade, da paz   e   da   defensa   dos  dereitos   humanos,  así   como   a   participación   nos organismos públicos.

Tamén se aprobou por unanimidade a DISOLUCIÓN ASOCIACIÓN DE CONCELLOS E MUNICIPIOS RIBEREÑOS DO TÁMEGA.

A sesión plenaria aprobou por 9 votos (5 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a favor e 5 abstencións do Partido Popular o CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE  O CONCELLO DE VERÍN E A ASOCIACIÓN CULTURAL AUDIOVISUAL VÍA XIV para  establecer as bases para a realización do F.I.C. Verín (Festival Internacional de Curtas de Verín) coidando que  este evento se faga  en  beneficios  das veciñas e  veciños de  Verín  e  comarca, co  fin de  difundir  a cultura  cinematográfica  e  por  en  valor  o  patrimonio  cultural,  etnográfico  e  musical, tanto  material como  inmaterial do val de Monterrei e outorgar a cooperación financeira municipal por importe de 45.000,00 €.

Tamén se aprobaron por unanimidade o punto 7 referente a MODIFICACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL SOBRE  CIVISMO, REGULADORA DO USO E LIMPEZA DA VÍA PÚBLICA E A PROTECCIÓN DA PAISAXE URBANÍSTICA pola que se prohibe a utilización de animais en circos e a deposición de cans e outros animais depositen as súas defecacións en parques infantís, paseos, xardíns ou calquera outro lugar da vía pública; e o punto 8 polo que se fixan as FESTAS  LOCAIS PARA O ANO 2019: 17 de xaneiro (San Antón)  e o 6 de marzo (mércores de cinza)

En canto ao CUMPRIMENTO SENTENZA DO 31 DE XANEIRO DE 2018 DITADA NO PO 89/2017 SOBRE  OS ACORDOS DA MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN DE DATA 08/07/2016 na que o demandante reclama a tutela xudicial derivada dunha inactividade administrativa do ano 2016: o non sometemento ao Pleno dos acordos adoptados o 06/07/2016 na Mesa Xeral de Negociación, o grupo de goberno mostraba o seu desacordo con este asunto  -con 9 votos (5 PSdeG-PSOE e 4 BNG) en contra e 5 abstencións do Partido Popular- xa que se entende que este tipo de acordos non teñen que ter tratamento plenario e se deben tratar nas mesas de negociación.

Desde a área de recurso humanos e réxime interior recordaron tamén que se conta cos informes de legalidade e fiscalización negativos emitidos pola secretaria a o interventor municipais; e tamén que esta acta de acordos ven orixinada da impugnación dos presupostos do 2011 cando gobernaba o Partido Popular.

No que se refire ao punto 10 que abordou a REVISIÓN DE OFICIO MODIFICACIÓN RPT 1/2010  - EXECUCIÓN FORZOSA SENTENZA FIRME DITADA POLA SALA DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO DO TSX DE GALICIA EN DATA 07/03/2017, e logo de ver o auto  de data  19/09/2018 do xulgado do Contencioso Admtvo nº 2 de Ourense onde  se ordena que  no improrrogable prazo  de vinte días ordénase á  administración  demandada   a  execución  forzosa  da  sentenza firme  ditada pola   Sala   do   Contencioso   -  Administrativo   do   TSX   de   Galicia   en   data 07/03/2017, o pleno decidiu por unanimidade:

- Acordar a anulación do acordo plenario de 20 de xuño de 2014,  en canto  se acordou inadmitir  a  trámite  a  solicitude  formulada  pola  CIG  o 24  de marzo  de 2014,  de revisión de oficio do acordo do Pleno  do concello de data  14 de xuño de 2010.

- Admitir a trámite  a solicitude de  revisión de  oficio da  RPT 1/2010 do  Concello  de  Verín,  aprobada definitivamente  por  acordo plenario  o 14  de xuño de 2010.

Coa finalidade de eliminar o paso do tráfico pesado polo o pleno acordou por 9 votos (5 PSdeG-PSOE e 4 BNG) en contra e 5 abstencións do Partido Popular modificar a ORDENANZA  MUNICIPAL   REGULADORA   DA   CIRCULACIÓN   DO CONCELLO DE VERÍN, incorporando o seguinte artigo:


«Queda  prohibido estacionar en todo  o caso urbano, tanto  de día como de noite,  aos seguintes vehículos:

- Vehículos especiais e camións, de  MMA superior a 3.500  kilogramos en ambos casos.

- Cisternas e toda  clase de vehículos contendo mercadorías perigosas ou inflamables, caravanas, autobuses, conxunto de  vehículos (vehículos articulados e trens de estrada), vehículos para feiras ou circo, tractores agrícolas e toda maquinaria agrícola ou de obras ou servizos.

- Carros de tracción animal e decabalerías.Quedarán   exceptuados  de   tal  prohibición,   os  vehículos que   realicen tarefas de reparto e unicamente para os lugares habilitados ao efecto e no horario sinalizado”.¡

Tras o estudo comparativo da eficiencia dos procedementos, de depuración municipal de auga, é dicir, do actual  e as súas posibles alternativas futuras e prestando especial  atención  á situación na  que  quedan os actuais traballadores que  están realizando ao  día da  data  as prestacións (levándose  a  cabo  a  subrogación, total  ou  parcial,  do persoal  contratado pola  empresa cesante), sen perder de  vista  as limitacións da normativa orzamentaria o pleno acordou, por 9 votos (5 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a favor e 5 votos en contra do Partido Popular, establecer  a  XESTIÓN  DIRECTA,  SEN  ÓRGANO ESPECIAL,  POLO  PROPIO CONCELLO DE VERÍN, DO SERVIZO DE DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS (EDAR).

Habéndose  completado   o  expediente   para   CONTRATACIÓN  DA   CONCESIÓN   DO SERVIZO DE ATENCIÓN Á TERCEIRA IDADE “CENTRO DE DÍA MUNICIPAL DE VERÍN”,  e visto o informes técnicos pertinentes que consideran necesaria e procedente a externalización do servizo de Centro  de día para  persoas maiores do Concello de Verín.o Pleno acordou,   por 9 votos (5 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a favor e 5 abstencións do Partido Popular:

PRIMEIRO.-  Aprobar  o Plan  de  Viabilidade  do  servizo  de  atención á  terceira idade “Centro de Día Municipal de Verín”.

SEGUNDO.-  Aprobar  o  expediente  de  contratación do  servizo de  atención á terceira idade “Centro  de  Día Municipal  de  Verín”, que  comprende o prego  de cláusulas administrativas particulares.

TERCEIRO.- Dispor a  apertura do  procedemento de  contratación, por procedemento aberto.

CUARTO.- Apobar  o gasto previsto no prego  de cláusulas administrativas particulares  da  concesión do  servizo de  atención á  terceira  idade  “Centro  de Día Municipal de Verín”.

QUINTO.- Publicar o prego  e o anuncio de licitación no perfil do contratante.


O pleno tamén decidiu aprobar por unanimidade A DESAFECTACIÓN  DO EDIFICIO ESCOLAR SITO EN RÚA      LAMA,      FECES    DE      ABAIXO      (VERÍN) con      referencia      catastral 001700900PG33A001FD,  cambiando   súa    calificación   de   ben   de   dominio público a ben patrimonial.

Por último, na sesión plenaria aprobáronse por unanimidade os puntos 16 e 17 relativos a modificación das ordenanzas fiscais reguladoras das taxas polas PRESTACIÓNS DO SERVIZO PÚBLICO MUNICIPAL DE SUMIDOIROS E SANEAMENTO E DO SERVIZO DE ABASTECEMENTO E DISTRIBUCIÓN DOMICILIARIA DE AUGA POTABLE:

A taxa   pola prestación  do  servizo  público  municipal  de  sumidoiros  e  saneamento terá as seguintes tarifas:

1.- A cota  tributaria correspondente á concesión da licenza ou autorización de acometida á rede  de sumidoiros esixirase por unha  soa  vez e consistirá na cantidade fixa de 15,19  euros.


2.-   A  cota   tributaria  esixirase   pola   prestación   dos  servizos  da   rede   de sumidoiros, e a tal efecto, aplicaranse as seguintes tarifas":

A da taxa  polo  servizo  de abastecemento  e   distribución   domiciliaria   de   auga  potable,   incluídos   os enganches á rede  e outras instalacións análogas, terá as seguintes   tarifas:


1.-  O  importe   desta  taxa,   cando   se  trate   de   licenza   ou   autorización   de acometida  á rede  xeral  de  abastecemento de  auga,  percibirase  por unha  soa vez e ascenderá á cantidade fixa de 15,14  euros.


2.- O importe desta taxa pola prestación do servizo de abastecemento de auga a domicilio esixirase de acordo coas seguintes tarifas:


- Mínimo:  até  30  metros cúbicos  de  consumo de  auga  potable  ao  trimestre esixirase a cota fixa polo importe de 5,051811 euros por trimestre.


- Polo consumo de auga potable que  exceda do mínimo:


A contía  resultante da aplicación das anteriores tarifas, incrementarase co tipo impositivo do imposto sobre  o valor engadido que resultase de aplicación.


3.- Por cada  corte  da subministración de  auga  da rede  xeral  ou utilización de equipos de toma  en carga para as acometidas, percibirase a cantidade fixa de

14,20  euros.


4.- Por cada  chave de  seguridade que  o suxeito pasivo adquirirá no concello, percibirase a cantidade fixa de 74,85  euros.


5.-  Por  cada  toma  de  auga   do  enganche á  rede  xeral  do  abastecemento, percibirase a cantidade fixa de 180,39 euros".



 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac