Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O alcalde de Verín expuxo no Ministerio de Fomento os proxectos de aforro enerxético e mobilidade da vila
O alcalde de Verín expuxo no Ministerio de Fomento os proxectos de aforro enerxético e mobilidade da vila PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 07 Novembro 2018 14:21

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, reuniuse hoxe en Madrid co subdirector xeral de Xestión e Transporte Terrestre do Ministerio de Fomento, Benito Bermejo, para presentarlle os  proxectos de mellora da mobilidade e aforro enerxético e transporte de Verín. O representante de Fomento comprometeuse a realizar un seguimento dos mesmos, corroborando a oportunidade que supoñen para o futuro dun Verín máis sostible.

O primeiro dos proxectos que Gerardo Seoane trasladou a Fomento foi o dunha ponte que una o vial trazado entre o Polígono de Pazos e a estrada de Portugal. “Destinado a eliminar o tráfico pesado do centro da Vila, reducirá siginificativamente as emisións na mesma”, explicoulle o alcalde os representantes do ministerio.

A construción desta ponte está orzamentada en 1,5 millón de euros, que inclúen a realización dos viais inmediatamente anteriores e posteriores, así como o propio taboleiro da ponte. As axudas que require Verín para a realización deste proxecto serán canalizadas polo Instituto de Desenvolvemento e Aforro Enerxético, IDAE, como corroborou o subdirector xeral, Benito Bermejo.

Igualmente, o alcalde de Verín expúxolle ós representantes do Ministerio de Fomento outro proxecto canalizado a través do IDAE, que consiste na substitución das luminarias da vila, que consumen -só no referente ó alumeado público- 300.000 euros ó ano.

“ A súa sustitución total, que xa temos escomezado pola nosa conta, permitiría aforrar o 75% desta cantidade”, afirmou  Seoane, dentro dos proxectos de reducións de sosteniblidade e mellora da xestión ambiental que dependen deste ministerio.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac