Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín súmase á iniciativa sindical a prol do emprego en Verín e denuncia a “constante desatención” da Xunta
O Concello de Verín súmase á iniciativa sindical a prol do emprego en Verín e denuncia a “constante desatención” da Xunta PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 08 Novembro 2018 18:04


O Goberno municipal de Verín denuncia que a  coincidencia temporal do proceso de liquidación de dúas das empresas máis representativas da comarca de Monterrei non é máis “que a gota que borda o vaso do proceso de desinversión e desatención que ven sufrindo o noso territorio nos últimos anos, e que se materializa tanto na ausencia de inversións en chan industrial -pese á reiterada demanda de varios concellos da área neste sentido- como na total discriminación da nosa zona na distribución das axudas en materia de políticas activas de
O grupo de Goberno do Concello de Verín manifesa  a súa “solidariedade e o seu absoluto respaldo a todos os desempregados da comarca”, e ofrécelles "toda a nosa axuda naquelas actuacións que noso limitado ámbito competencial en materia de emprego sexa posible”.

Nembargantes, afirma o Goberno municipal,  cabe lembrar que entre as causas desta situación destaca “o clamoroso desistimento” e a  desatención que coa comarca de Monterrei teñen manifestado as administracións con competencias en materia de emprego, nomeadamente a Xunta de Galicia,  e que se signfican na ausencia dun compromiso claro co noso territorio nas seguintes materias:

-Creación de solo industrial, nomeadamente implicación no desenvolvemento do Polígono de Tamagos.
-Políticas activas de emprego.
-Actualización e mellora da formación e dos plans de ensino.
-Apoio ó emprendemento.
-Políticas de fixación de poboación no rural
-Mellora das infraestructuras
-Inversións na mellora da atención sociosanitaria, cunhas infraestructuras en plena desmantelación.
-Adecuación e implicación real na depedencia, nunha comarca especialmente envellecida, e na que podería ser un importante nicho de emprego.
-Artellamento dunha adecuada política forestal, que repercuta a riqueza do monte na poboación dun xeito sostible.

O grupo de Goberno do Concello de Verín, acollendo e saudando a proposta xurdida do ámbito sindical sobre a necesidade de abordar esta gravísima situación, anuncia que se sumará activamente á convocatoria sindical da CIG para abordar unha mesa específica neste sentido, onde reclamará ás outras administracións a mesma implicación que o Concello leva tido co tecido empresarial local, materializada en actuacións como a creación dos párkings libres para facer máis accesible as zonas comerciais, as campañas de dinamización comercial na zona vella e días de feira especiais, os procedementos de promoción hosteleira coma o pincho xoves, as feiras temáticas, a dotación de novas activais na zona vella ou as novas convocatorias deportivas, entre moitas outras.



 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac