Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas “Superlópez” no cinema municipal de Verín
“Superlópez” no cinema municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 Novembro 2018 23:53

Durante os días 23, 24 e 25 de novembro , o cinema municipal de Verín acolle a proxección da película Superlópez no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:


  • 23-11-18: 19:30 e  22:00 h

  • 24-11-18: 17:00, 19:30 e 22:00 h
  • 25-11-18: 17:00, 19:30 e 22:00 h

Entradas en taquilla dispoñibles 30 minutos antes do inicio das sesións no propio Salón de Actos da Casa da Cultura. (Rúa Irmáns La Salle).

SUPERLÓPEZ (APTA PARA TODOS OS PÚBLICOS, 107’)

Desde a súa chegada á Terra procedente do planeta  Chitón, a vida de Juan López non foi fácil. Con  superpoderes é difícil non destacar. Poder voar, ler a mente, ter supervisión ou deter un convoi do metro para que non descarrile… e regresar logo á oficina, esforzándose en ser un tipo normal, non foi nada sinxelo para Juan López. Ou quizais si, porque Juan non necesita máis que o seu croissant matinal para ser feliz… Con todo, algo está a piques de cambiar. A aparición na ordenada vida de López de Luisa, un antigo amor de instituto vai causar estragos. Xa non é momento de pasar inadvertido. A pesar de que con iso poida chamar a atención do malvado  Skorba e do seu  sibilina filla, Ágata e poñer en perigo a supervivencia do seu planeta de orixe. ( FILMAFFINITY)


 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac