Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Pleno Extraordinario: 28 de novembro 2018
Pleno Extraordinario: 28 de novembro 2018 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 28 Novembro 2018 13:00

O salón de plenos do Concello de Verín acolleu hoxe, 28 de novembro, unha sesión extraordinaria urxente na que se abordaron os seguintes puntos:

1. APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN  ORDINARIA DE DATA 31/10/2018.

2. Expediente 4987/2018.PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS  MUNICIPAIS 2019.

3. Expediente 3913/2018. ASUNCIÓN DO SERVIZO MUNICIPAL DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE E SANEAMENTO PARA QUEIRUGÁS.

4. Expediente 1020/2018. ACLARACIÓN ACORDO PLENO 31/10/2018 SOBRE  CUMPRIMENTO SENTENZA DO 31 DE XANEIRO DE 2018.

DITADA NO PO 89/2017 SOBRE  OS ACORDOS  DA MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN DE DATA 08/07/2016.

5. Expediente 5307/2018. SOLICITUDE DE ENTREGA DE TRAMO URBANO DE ESTRADAS ESTATAIS (Art. 49 da Lei 37/2015, de 29 de setembro).

No inicio desta sesión plenaria extraordinaria aprobouse por unanimidade o primeiro punto, referente a aprobación da acta da sesión ordinaria de data 3/10/2018.

No relativo ao segundo punto relativo ao plan provincial de cooperación ás obras e servizos  municipais 2019,  aprobouse por una unanimidad solicitar á Deputación Provincial de Ourense a inclusión  no  Plan  Provincial  de  Cooperación ás Obras e  Servizos  Municipais para  o exercicio 2019 das seguintes obras deste concello:

  • Adecentamento e beirarrúas da Rúa do Cuartel, por un importe de 48.000 euros.
  • Pavimentación  do tramo do vial do Auditorio Municipal ata o Camiño Vello de Sousas, por un importe de 48.000 euros.

 En canto a asunción do servizo municipal de abastecemento de auga potable e saneamento para Queirugás, o Concello de Verín pretende ampliar, ante a petición dos veciños do núcleo rural de Queirugás, o ámbito territorial da prestación do servizo de abastecemento de auga potable e saneamento do Concello de Verín ao núcleo rural de Queirugás. A interese pública da medida xustifícase en que, segundo o artigo 25. 2 c) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, o abastecemento de auga potable a domicilio e evacuación e tratamento de augas residuais é unha competencia propia e obrigatoria para o municipio, da que non gozaban os veciños de Queirugás, quedando por tanto debidamente acreditadas as necesidades novas e imprevistas a satisfacer ca presente modificación.

Por este motivo a pleno acordou por unanimidade modificar o contrato subscrito o 13/01/2009 entre o Concello de Verín e Espina&Delfín, S. L. para a prestación do servizo municipal de abastecemento de auga potable e saneamento do Concello de Verín incorporando ao núcleo rural de Queirugás (Verín) dentro do ámbito territorial do servizo a partir do 01/01/2019, incrementándose proporcionalmente o canon de explotación.

No referente a aclaración acordo pleno 31/10/2018 sobre  cumprimento sentenza do 31 de xaneiro de 2018. ditada no po 89/2017 sobre  os acordos  da mesa xeral de negociación de data 08/07/2016 o alcalde en funcións, Diego Lourenzo, explicou que se retira o punto da orden do día “xa que se vai a proceder dun xeito diferente, e non se vai a presentar a aclación ao pleno.”

Por último, o pleno aprobou, por 8 votos a favor (4 PSOE e 4 BNG) e 5 en contra do Partido Popular, solicitar do Ministerio de Fomento o inicio do expediente administrativo correspondente para a entrega ao Concello de Verín dos tramos de estradas do Estado que a continuación se sinalan, ao adquirir os mesmos a condición de vías urbanas.

Tramos de estradas do Estado cuxa entrega se solicita:

  • Estrada N-525, dende o P.Q. 165+000 ao P.Q. 170+000.
  • Estrada N-532, dende o P.Q. 0+000 ao P.Q. 3+000.

 

 

 


 

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac