Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Últimas prazas para o curso e exposición de setas que se desenvolverá no Claustro da Mercede
Últimas prazas para o curso e exposición de setas que se desenvolverá no Claustro da Mercede PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 28 Novembro 2018 13:09

Quedan tres días para apuntarse no curso "Rocos, turtullos e cacabinas, I Xornadas Micolóxicas con acento de Verín", que se desenvolverá a fin de semana no Claustro da Mercede, e que culminará coa primera exposición de fungos celebrada en Verín durante o domingo.
O programa contempla unha xornada de formación, na tarde do venres, no Museo do Claustro Mercedario, a cargo do enxeñeiro e experto micólogo Rafael Vaamonde, e saída ó campo o sábado, con cea con menú micolóxico o sábado pola noite, por só cinco euros para os participantes no curso.

Na xornada do domingo instalarase no Claustro da Mercede unha exposición co material recollido no campo, debidamente clasificado e categorizado, como mellor ferramenta de divulgación para o coñecemento da diversidade micolóxica da comarca de Monterrei, un tesouro a protexer.

As persoas que desexen inscribirse no curso poden dirixirse ó Museo do Claustro Mercedario dende o mércores (o martes está pechado polo horario de inverno). A inscripción é gratuita.


 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac