Encontro da Xuventude emprendedora e Feira de emprego na Eurocidade_2020 |
![]() |
![]() |
![]() |
Mércores, 28 Novembro 2018 20:17 |
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca un Encontro da xuventude emprendedora e Feira de emprego no marco do proxecto Eurocidade_2020, en colaboración coa AECT Eurocidade Chaves-Verín, a Fundación Galicia Europa, o Instituto Portugués do Desporto e da Juventud (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ), o Concello de Verín e o Municipio de Chaves. Obxectivos: - Apoiar aos mozos e mozas na súa orientación profesional e inserción laboral. - Aportar ferramentas para o itinerario persoal e profesional dos mozos e mozas -Impulsar á Eurocidade como territorio de crecemento futuro. Destinatarios/as: mozos e mozas galegos e portugueses con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, ambas inclusive. Prazas: 50 prazas (30 para mozos/as galegos/as e 20 para mozos/as portugueses) Datas: 14 a 16 de decembro de 2018 Lugar de realización: Eurocidade Chaves-Verín Avda. Portugal, Feces de Abaixo 32699 Verín – Ourense Programa provisional 14 de decembro 18:00 h Chegada das persoas participantes á Verín. 20:45 h Cea 15 de decembro 08:45 h Almorzo 09:45 h Saída dirección Feces de Abaixo 10:15 h Presentación 10:45 h Dinámicas emprendedoras (Training) O fío condutor da acción formativa será a motivación combinando unha metoloxía prácticas con continuos estímulos para fomentar o traballo de actitudes positivas que repercutan no desenvolvemento persoal e profesional dos mozos e mozas (1.- Vence os teus medos. 2.- Prepárate, primeira fase para o éxito. 3.- visión interior positiva. 4.- A clave está na actitude). 13:00 h Mesa de experiencias 13: 50 h Saída da Eurocidade para xantar 15:30 h Saída dirección Feces de Abaixo. 16:00 h Mesa de experiencias 17:00 h Habilidades comerciais (training) Aportar visión actual do mundo empresarial e a necesidade de desenvolver habilidades comerciais e de venda. Incorporar contido práctico con ferramentas para a súa fácil aplicación no día a día. 19:15 h Fin da xornada. 20:45 h Cea * Actividade complementaria: feira de emprego 16 de decembro
08:45 h Almorzo 09:45 h Saída dirección Feces de Abaixo 10:15 h Mesa de experiencias 11:30 h Charla Taller (training) 13:35 h Fin da xornadas Inscrición: mediante formulario electrónico Prazo de inscrición: do 27 de novembro ao 9 de decembro de 2018. Admisión: será por rigoroso orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas convocadas . Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación nos tres días seguintes, entenderase que non obtivo praza . Cobertura:
Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple* Transporte no ámbito da actividade (realización das visitas ás empresas) * Os mozos e mozas do concello de Verín e Chaves terán cuberta a manutención pero non o aloxamento.
Transporte: haberá servizo de transporte dende Galicia a Feces de Abaixo con saída o día 14 de decembro (en horario de tarde) desde A Coruña, con paradas en Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense e regreso o día 16 de decembro ao remate do programa de actividades facendo o mesmo percorrido.
Proxecto Eurocidade_2020 O proxecto Eurocidade_2020 aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP) ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración Europea e de desenvolvemento sostible. No marco do proxecto Eurocidade_2020, esta iniciativa enmárcase na actividade 3. Eurocidade inclusiva, Acción 3.2. Capacitar a emprededores e empresarios e fomentar a creación de emprego. Socios do proxecto Eurocidade_2020: AECT Eurocidade Chaves-Verín; Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa;Instituto Portugués do Desporto e da Juventud (IPDJ); Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ); Concello de Verín e Municipio de Chaves. |