Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para o seu servizo de conciliación familiar Ludonadal 2018-2019
O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para o seu servizo de conciliación familiar Ludonadal 2018-2019 PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 01 Decembro 2018 09:13

O luns 3 de decembro ábrese o prazo de inscrición do servizo municipal de Ludonadal. Devandita iniciativa está organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín e destinada  e dirixida a nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos, co obxecto de  facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos/ás nenos/as un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal.

‘Ludonadal’ realizarase no colexio infantil Módulos (Amaro Refojo) e no Pavillón Municipal de Deportes dende o día 22 de decembro ata o 7 de xaneiro; de luns a venres, de 9 a 14 e de 16 a 20 horas; e sábados de 9 a 14 horas. O prezo por utilizar este servizo, durante todos os días e horas, é de 50 euros. Se só se acude de mañás ou tardes, o prezo do servizo sería de 30 euros; e se se prefire abonar por día utilizado sería de 10 euros (día completo) ou de 5 euros (medio día).


No marco de 'Ludonadal' terán lugar actividades variadas como Globoflexia, maquillaxe infantil, festa do doce do Nadal, manicura natalicia, Día dos Santiños Inocentes, xincana, got talent con temática natalicia, chegada do apalpador, obradoiros para decoración natalicia; xogos populares (brilé, xogo da cadeira, paracaídas, soga, bomba...);  manualidades tres en raia (plastilina, funny, gummy); relevos (carreira de sacos, xogo da ra, túnel, globos...)  e carta aos Reis Magos e buzón.

Este ano, como novidade, teremos inchables de mañá e de tarde no Pavillón de Deportes, varios días pola semana.

Os/as menores que queiran participar na Cabalgata de Reis vestidos de anxos, estrelas e pastorciños teñen que apuntarse na ludoteca. Por outro lado, o Pavillón Municipal de Deportes acollerá o 31 de decembro, a partir das 10:00 horas, un Gran Cotillón Infantil  con disco móbil, animación, inchables, baile e photocall, e a partir ´das 12 do mediodía badaladas para despedir o 2018 e dar a benvida ao ano 2019.

Para máis información deben dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada na Casa da Xuventude, ou no teléfono 988-414776.

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac