Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas CONCURSO DE ESCAPARATES NADAL VERIN 2018
CONCURSO DE ESCAPARATES NADAL VERIN 2018 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 03 Decembro 2018 18:27

CONSULTA AQUÍ AS BASES E PREMIOS: 

1º.    –    PARTICIPACIÓN: Poderán  participar  todos  os  establecementos  comerciais  que    o soliciten e estean situados no Concello de Verín, previa inscrición.


2º. – VALORACIÓN: O tema   a desenvolver será sobre o Nadal, deixando total liberdade no tocante a técnica e estilo, valorando estes tres criterios:

-           creatividade e orixinalidade;

-           combinación de elementos e cores;

-           iluminación e composición.

A valoración máxima por criterio será de 3 puntos, sendo o mellor escaparate o que  máis se aproxime aos 9 puntos.

3º. – INSCRICIÓNS: As inscricións formalizaranse mediante o boletín de   inscrición que   se editará ao efecto, debidamente asinado e haberá que  facela na sede de AEVER . O prazo  límite  para  inscribirse  remata ás 14.30  h do  16  de decembro. A inscrición no concurso leva implícita a aceptación destas bases.

4º. – OBRIGAS: Os participantes deberán dispor os escaparates dende o 17 de  decembro. Ademais deberá estar visible o distintivo de participación no Concurso facilitado no momento da inscrición. A ausencia do mesmo ou a intencionada dificultade para  a súa localización, será causa de exclusión na participación do establecemento.

Os escaparates deberán estar iluminados ata as 22.00  horas.

5º.  –  XURADO E  ACTO DE  ENTREGA DE  PREMIOS: A tenencia de alcaldía designará  aos integrantes do  xurado, composto por  un  membro do Concello, e dous profesionais do  mundo  da decoración, o seu fallo será inapelable. O xurado visitará os escaparates seleccionados, poderá facelo a partir do  17  de decembro.

A relación de premiados farase pública nun acto oficial que terá lugar o día 30 ás 10 horas no Concello  de  Verín.  Previamente  será  comunicado  de     maneira  expresa  aos  tres establecementos gañadores.

É  imprescindible  recoller  o  premio  o  día  da  entrega, que será o día 3 de Xaneiro de 2019 no Pabellón de Deportes de Verín, durante a Gala de Navidad organizada por AEVER. De  non presentarse, e  non  acreditar  causa xustificada, entenderase que o agraciado renuncia ao mesmo.

6º. – PREMIOS E SORTEOS:

Tres premios de:

1.   150 € + diploma

2.   100€ + diploma

3.   50 € + diploma

Ningún premio poderá ser acumulable a un mesmo comercio

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac