Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A IV edición da Feira de Nadal contará cun posto solidario para axudar a familias necesitadas
A IV edición da Feira de Nadal contará cun posto solidario para axudar a familias necesitadas PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Decembro 2018 12:20

Os próximos sábado e domingo, 8 e 9 de decembro, a Praza Maior de Verín acolle a IV edición da Feira de Nadal, organizada polo Concello de Verín. Na mesma, participarán 19 postos de artesanía, alimentación, decoración, regalos e doces.

Este ano tamén se habilitará un posto solidario, onde se recollerán alimentos de primeira necesidade para familias necesitadas, xoguetes novos ou usados (sempre en boas condicións) para os nenos e nenas máis desfavorecidos da vila, e alimentos e utensilios para mascotas (cans e gatos) recollidas na rúa. Nesta recollida colaboran Cruz Vermella, Femuro, Portas Abertas e Proanimais Verín.

A feira contará tamén con animación, talleres, concursos e música para os  máis cativos e con sorteos de productos típicos de nadal doados polos expositores. Ao igual que na pasada edición, a Feira de Nadal contará coa participación activa das nenas e nenos da vila, con postos onde porán a disposición dos veciños os seus propios productos artesanais.

O horario de apertura das casetas da Feira de Nadal será de 11:00 a 14.30 horas e de 16.00  a 20.00  horas, e o programa completo de actividades é o seguinte:


SÁBADO 8 DE DECEMBRO

  • 17.00 H TALLER PARA OS MÁIS CATIVOS DE MAQUILLAXE E TATUAXES
  • 19:00 H  VISITA DE PAPÁ NOEL

DOMINGO 9 DE DECEMBRO

  • 17.00 H TALLER DE CHAPAS E DECORACIÓN
  • 19:00 H VISITA DO APALPADOR

Os postos participantes son os seguintes:

  1. LULINTO
  2. FOFUCHAS
  3. ROSA ARTESANÍA
  4. LAS COSAS DE MI MADRE
  5. XESTAS
  6. LUAR DA GAIA
  7. ROSAS DE ROSA MARÍA
  8. BARHËSS – NENA DE PAPÁ
  9. MOURA
  10. ARTESANÍA MARY
  11. DULCERÍA ARTESANAL MORETA
  12. S.J. ARTESANIA
  13. DFIELTRO
  14. MARIOLI
  15. LAR DOS MONECOS
  16. MORENITA PERCUSIÓN
  17. IES CASTRO DE BARONCELI
  18. EIP PRINCESA DE ESPAÑA
  19. LIBRERÍA PICA PICA

    

 




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac