Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Gala Benéfica de Verín a favor das mulleres vítimas de violencia cambia de hora
A Gala Benéfica de Verín a favor das mulleres vítimas de violencia cambia de hora PDF Imprimir Correo-e
Venres, 21 Decembro 2018 14:33

Gala Solidaria Atendendo ao grande interese suscitado polo anuncio da celebración dunha Gala Benéfica en Verín a favor das mulleres que padecen violencia de xénero, e ante a inxente cantidade de peticións que están chegando ao Concello solicitando atrasar a súa celebración para que as/os traballadoras/es do comercio poidan asistir ao acto, a celebración atrásase ás 20:30 horas do día 4 de xaneiro do vindeiro ano.

O Concello de Verín agradece o torrente de adhesións que está a provocar esta iniciativa, e lembra que a integridade da recadación será destinada ás necesidades das mulleres que padecen esta lacra na nosa comarca.


 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac