Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín condensa nunha guía de servizos a oferta turística e de ocio do seu termo municipal
O Concello de Verín condensa nunha guía de servizos a oferta turística e de ocio do seu termo municipal PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 03 Xaneiro 2019 15:17

O Concello de Verín presentou hoxe unha guía de servizos e turismo do seu termo municipal que contén as referencias e ubicacións de interese da cidade referenciadas coas máis modernas tecnoloxías. Editada en tres idiomas -galego, castelán e inglés- utiliza o xeoposicionamento GPS e os códigos QR para sinalar de xeito exacto os puntos de interese na vila.

Deseñada para que os visitantes poidan planificar a súa visita á vila co toda comodidade, a guía de Servizos Novo Verín contén a ubicación dos oito parkings libres da vila, máis o dos camións, indicada con códigos QR, que coa súa simple lectura con calquera das app dispoñibles para elo, dirixe a través de Google Maps cara a súa posición exacta.  Ademais, en colaboración con AEHCOM, Aever e a DO Monterrei, contén un directorio de todos os seus asociados, e outros teléfonos de interese.

Asimesmo, esta guía contén a información necesaria para a promoción e difusión dos balnearios reabertos nos últimos tres anos en Verín, e tamén para a súa ubicación telemática. Caldeliñas e Fontenova, que sumaron miles de visitas nas campañas de auguismo dende 2016, aparecen descritos tanto polas súas propiedades como polo papel que xogaron na historia da vila.

Outro dos apartados da guía de servizos é a ubicación exacta de todos os puntos limpos da cidade, 15 na actualidade, que eliminaron centos de contedores das rúas, e que permiten realizar a separación sen concentrar a recollida nas rúas.

Os novos espazos urbanos, como o reformado adro parroquial, cos horarios das misas, e os novos parques temáticos, como o skate park, súmanse os terreos adquiridos para as dúas grandes novas zonas verdes de Verín, A Preguiza e Fontenova, xa de propiedade municipal.

Nas páxinas centrais, separables da guía para serviren como mapa, atópase un mapa satelital dos parkings libres, un resumo dos servizos de Verín, e en colaboración cos hostaleiros, comerciantes, e DO Monterrei, os teléfonos de interese de todos os seus asociados.

?????? Descarga aquí a guía en pdf: http://ow.ly/TSlT30nbLS2 ??????

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

PEID 2019

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac