Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Aever-CCU Verín entrega o premio de 1.000 euros da promoción "Este Nadal fai as túas compras en Verín” na súa Gala de Nadal
Aever-CCU Verín entrega o premio de 1.000 euros da promoción "Este Nadal fai as túas compras en Verín” na súa Gala de Nadal PDF Imprimir Correo-e
Venres, 04 Xaneiro 2019 11:48

Onte, ás 20:00 horas, o presidente da Asociación de Comerciantes de Verín (Aever), Santos Álvarez e o xerente do colectivo, José Ángel Rodicio; acompañados da concelleira de  Turismo, Comercio, Balnearios e Transportes, Purificación Caldelas, fixeron entrega do premio de 1000 euros correspondente á promoción “Este Nadal fai as túas compras en Verín” durante a Gala de Nadal, organizada por Aever no Pavillón Municipal de Deportes de Verín. No evento tamén se entregaron os correspondentes cheques regalo aos gañadores do Concurso de Escaparates de Nadal 2018.

O premio da promoción “Este Nadal fai as túas compras en Verín” entregouse mediante un sorteo presencial  no Pavillón Municipal. No sorteo participaron todas aquelas persoas que compraron ou consumiron nos establecementos asociados a Aever, do 4 de decembro ao 3 de xaneiro, por un importe superior a 10 euros.

O gañador, Basilio Guerra, poderá gozar do seu premio, a partir de hoxe, realizando compras por un importe de 1000€ en, polo menos, cinco establecementos de asociados a Aever, non podendo gastar máis de 200 euros en cada un deles.

Na Gala de Nadal -organizada por Aever, coa colaboración do Concello de Verín- participaron centos de nenos e nenas que, acompañados dos seus proxenitores, gozaron dunha divertida xornada de actuacións  musicais, agasallos e divertidos concursos da man da compañía Estrelas Máxicas co seu espectáculo familiar infantil “Menudo Circo”.

Entrega dos Cheques regalo do Concurso de Escaparates de Verín 2018

 Por outra parte, ao finalizar a gala tamén se fixo entrega -por parte de Purificación Caldelas- dos correspondentes  cheques regalo aos gañadores do concurso de escaparates de Verín 2018 . Outorgáronse tres premios de 150, 100 e 50 euros aos seguintes establecementos:

 

  • Primeiro posto Noisiness (premio con 150 €)
  • Segundo posto: Aquaerea (premio con 100 €)
  • Terceiro posto: Chiqui moda infantil (premio con 50 €)

No concurso participaron 16 establecementos comerciais que o solicitaron e están localizados no concello de Verín, previa inscrición. O tema a desenvolver foi o Nadal, deixando total liberdade no tocante a técnica e estilo, valorando estes tres criterios: creatividade e orixinalidade; combinación de elementos e cores; iluminación e composición.

 




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

PEID 2019

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac